Francisco Vázquez Enríquez, finado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1951Necrolóxica en La Noche, 30-11-1951, p. 5., foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria En 1903 dirixiu La Emancipación de Noia. Foi Xuíz municipal de Outes (1908-1909). En novembro de 1917 dirixiu Gaceta de Galicia. Colaborou en A Nosa Terra. Foi candidato das Irmandades da Fala para as eleccións de 1918 polo distrito de Noia fronte a Eduardo Gasset Neira, pero foi derrotado. Foi proclamado deputado provincial polo distrito de Negreira-Corcubión en 1921El Compostelano, 6-6-1921, p. 2., foi incapacitado e suspendido no cargo en marzo de 1923, pero o acordo foi revogado en novembroEl Ideal Gallego, 10-11-1923, p. 1.. Tamén foi candidato a deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1923El Ideal Gallego, 27-4-1923, p. 1.. Instalado como avogado en Santiago de Compostela, en 1931 foi elixido presidente do comité provisional da Agrupación Nazonalista de Santiago. En 1934 foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela e deputado provincial. Foi xefe superior de Administración civil. miniatura|150px|Francisco Vázquez Enríquez, 1921.

Vida persoal Casou con María de la Concepción Méndez-Brandón Bartolomé e foi pai de Fernando Vázquez Méndez.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Finados en 1951 Categoría:Nados en ano descoñecido