José Carlos del Álamo Jiménez, nado en Madrid en 1951, é un enxeñeiro e político do PP.
Traxectoria Enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid, realizou dous cursos de Doutoramento na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes. Foi profesor de Medio Ambiente nas Universidades de Santiago, Vigo, Madrid e na Internacional Menéndez Pelayo. Desempeñou cargos no Instituto para a Conservación da Natureza (ICONA) en Teruel e Galicia. Foi director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Xunta de Galicia (1990-1996). En xuño de 1996 foi nomeado director xeral de Conservación da Natureza do Ministerio de Medio Ambiente e vicepresidente do Organismo Autónomo de Parques Nacionais. En 1997 foi nomeado conselleiro de Medio Ambiente. É decano do Colexio de Enxeñeiros de Montes de Madrid. En 1997 recibiu a Medalla de Prata de Galicia.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Enxeñeiros forestais Categoría:Nados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid