Kosmos 362 (Космос 362 en ruso), tamén denominado DS-P1-I Nº 9, foi un satélite artificial soviético lanzado o 16 de setembro de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Kosmos 362 foi o noveno membro da serie de satélites DS-P1-I, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración. Foi lanzado por un foguete Kosmos 2I e inxectado nunha órbita inicial de 854 km de apoxeo e 281 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71,0 graos e un período de 95,6 minutos.

Kosmos 362 reentrou na atmosfera o 13 de outubro de 1971.

Notas

Véxase tamén Outros artigos DS-P1-I

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1-I