é un personaxe do manga e anime Naruto. "Shika" (鹿) significa cervo e "-maru" (丸) é "camiño", "círculo" ou "ben desenvolto", pero é comunmente usado como sufixo nos nomes de homes; "Nara" é unha cidade do Xapón, antiga capital do país, na que os cervos andan ao doután e que deu nome á era na cal o Budismo se introduciu no Xapón.

Personalidade e Habilidades ó comezo, é un Genin que se graduou xunto con Naruto Uzumaki e os outros. É un xenio frouxo e despreocupado que foi promovido ó nivel Chūnin menos dun ano despois da graduación. Pertence a un clan de manipuladores de sombras e de pastores de cervos, así que a súa técnica especial é o Kagemane no Jutsu (Técnica de Imitación de Sombra).

Shikamaru é unha persoa pouco entusiasta que preferiría tomar unha soneca a emocionarse por algo e ó que lle gustan os xogos de estratexia que gustan ós vellos, como o Shōgi (xadrez xaponés) e o Go. Cando se ve nunha situación de acción, incómoda ou que requira algún esforzo da súa parte, acostuma a dicir o "Mendokuse" (problemático) que é o asunto, a persoa ou o obxecto.

Véxase tamén

Categoría:Personaxes de Naruto