miniatura|dereita|Testículo humano e epidídimo. A. Cabeza do epidídimo. B. Corpo do epidídimo. C. Cola do epidídimo. D. Conduto deferente. miniatura|dereita|Aparato reprodutor masculino. miniatura|dereita|Micrografía do epidídimo tinguido con hematoxilina-eosina.
O epidídimo é unha parte do aparato reprodutor masculino dos animais amniotas, que se encontra sobre o testículo. Trátase dun único tubo, estreito e enroscado, que nos homes adultos pode chegar ao estendelo aos seis ou sete metros de lonxitude,) que conecta os condutos eferentes que saen da parte posterior dos testículos co conduto deferente que ascende en dirección á uretra.
Rexións O epidídimo pode dividirse en tres rexións principais: A cabeza do epidídimo. Situada na parte superior dos testículos. Recibe os espermatozoides procedentes dos condutos eferentes do mediastino do testículo. Caracterízase histoloxicamente por ter un fino mioepitelio. Aquí dilúese a concentración do esperma. O corpo. Parte pegada á superficie lateral posterior do testículo. A cola. Situada na parte inferior do testículo. Ten un mioepitelio máis groso ca o da rexión da cabeza. Aquí ten lugar a absorción de fluídos que fai que o esperma se concentre máis. Conecta co conduto deferente.
Nos réptiles, existe un canal adicional entre o testículo e a cabeza do epidídimo, que é doloroso cando se golpea e recibe os varios condutos eferentes que saen do testículo. Este canal está ausente en mamíferos e aves.
Histoloxía O epidídimo está cuberto por un epitelio pseudoestratificado de dúas capas. O epitelio está separado por unha membrana basal da parede de tecido conectivo que contén células de músculo liso. Os principais tipos celulares que se encontran no epitelio son: Células principais: células columnares que, xunto coas células basais, forman a maioría do epitelio. Estas células esténdense desde o lume do conduto á lámina basal. Teñen estereocilios non móbiles, que son longos e ramificados na rexión da cabeza e máis curtos na rexión da cola. Os estereocilios co microscopio óptico parecen cilios, pero co microscopio electrónico vese que estrutural e funcionalmente son similares a microvilli, polo que ás veces se denominan stereovilli. As células principais segregan ao lume do conduto carnitina, ácido siálico, glicoproteínas, e glicerofosfocolina. Células basais: máis curtas e de forma piramidal. Contactan coa lámina basal pero adelgázanse en dirección á superficie apical para atinxir o lume. Pénsase que son precursores indiferenciados das células principais. Células apicais: encóntranse predominantemente na rexión da cabeza. Células claras: predominantes na rexión da cola. Linfocitos intraepiteliais: son linfocitos distribuídos polo tecido.
Papel no almacenamento do esperma Os espermatozoides formados nos testículos entran na cabeza do epidídimo, avanzan ata o corpo, e chegan á rexión da cola, onde son almacenados. Os espermatozoides que chegan á cabeza do epidídimo non están totalmente maduros, xa que aínda non adquiriron a capacidade de nadar movendo o flaxelo (motilidade) e de poder fertilizar o óvulo. O epidídimo almacena o esperma durante 2-3 meses. Durante o seu tránsito polo epidídimo, os espermatozoides sofren un proceso de maduración, que é necesario para que adquiran estas dúas capacidades. abstract A maduración final só se completa cando os espermatozoides chegan ao tracto reprodutor feminino (capacitación).
Durante a exaculación, o esperma flúe desde a porción inferior do epidídimo, que funciona como depósito de almacenamento, sobe polo conduto deferente e mestúrase coas secrecións da próstata e vesículas seminais, formando o seme. Non se moven utilizando o flaxelo, senón arrastrados polas contraccións peristálticas das capas musculares do conduto deferente. A motilidade dos espermatozoide é activada por produtos prostáticos.
Patoloxía A inflamación do epidídimo denomínase epididimite, que é máis común ca a orquite testicular.
Embrioloxía e estruturas vestixiais Nas femias pode atoparse o conduto de Gartner, que é un resto homólogo do epidídimo.
No embrión o epidídimo desenvólvese a partir do tecido que formaba o mesonefros ou ril primitivo, que se encontra no embrión e en moitos vertebrados acuáticos. A persistencia do extremo superior (cranial) do conduto mesonéfrico orixina un resto vestixial chamado apéndice do epidídimo. Ademais, algúns túbulos mesonéfricos poden persistir formando o paradídimo, un pequeno corpo caudal con respecto aos condutos eferentes testiculares.
Epididimectomía A epididimectomía é a extirpación cirúrxica do epidídimo, que ás veces se realiza para tratar a síndrome da dor post-vasectomía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas BUHistology - 16903loa Imaxe NormanAnatomy - inguinalregion Rexión inguinal Testículo e epidídimo
Categoría:Aparato reprodutor masculino Categoría:Órganos sexuais