Manuel Viqueira Verea, nado en Ordes en 1955«O peor foi aquela tractorada con incidentes tan graves», entrevista en La Voz de Galicia, 4-5-2014, p. L13., é un político galego.
Traxectoria Axente de seguros. Nas eleccións municipais de 1983 presentouse á alcaldía de Ordes por Coalición Galega e foi elixido alcalde grazas ao apoio de PSdeG e CDS. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Independentes de Ordes quedándose a 33 votos de se-la forza máis votada, por detrás da CPG de Teodosio Martino, polo que perdeu a alcaldía. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE volvendo a quedar na oposición, tras lograr Martino a maioría absoluta á fronte do PPdeG.
É director do Museo Juanjo Liñares e presidente da Federación Galega de Grupos de Danza
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ordes
Categoría:Alcaldes de Ordes Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes