miniatura|Acanaladuras nunhas columnas corintias no Templo de Diana en Évora. As acanaladuras son estrías ou sucos verticais, usualmente de sección semicircular, talladas sobre o fuste dunha columna, un piar, unha pilastra ou nun tríglifo.

Na columna dórica, están separadas por arestas vivas; na xónica e na corintia, por nervaduras. A orde toscana non ten acanaladuras e son opcionais para as outras ordes.

As acanaladuras eran usadas con motivo decorativo na antigüidade, aínda que actualmente tamén se empregan na fabricación de mobles, na artesanía e na industria metalúrxica.

miniatura|esquerda|180px|Tipos de acanaladuras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Glosario da Universidade de Pittsburgh

Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Elementos arquitectónicos da Grecia Antiga