O Gran Premio de Mónaco de 1995 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 28 de maio de 1995 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de , disputada sobre 78 voltas, e gañouna Michael Schumacher co equipo Benetton logo de saír desde a segunda posición na pole. Damon Hill terminou en segundo lugar con Williams logo de comezar na pole position e liderar as primeiras 23 voltas da carreira, por diante de Gerhard Berger con Ferrari. O resto de posicións nos puntos foron ocupados por Johnny Herbert no segundo Benetton, Mark Blundell (McLaren) e Heinz-Harald Frentzen (Sauber). A vitoria de Schumacher foi a terceira da tempada, tamén foi a primeira vitoria de Renault no Gran Premio de Mónaco, como provedor de motores de Benetton. Schumacher gañou a carreira con comodidade, con máis de 30 segundos por diante de Hill. En total, dezaseis dos 26 participantes non puideron terminar, incluíndo os dous pilotos do equipo Simtek, que posteriormente quedou sen diñeiro e retirouse do campionato antes do Gran Premio do Canadá. A carreira estivo marcada por un accidente na primeira curva da primeira volta que involucrou a Coulthard, Alesi e Berger, o que provocou o bloqueo da pista e como resultado a carreira tivo que reiniciarse.
Carreira Na mañá do domingo, antes da carreira celebrouse unha sesión de arrequecemento as 9:30 hora local, e durou 30 minutos. Como era tradicional en Mónaco, a carreira comezou relativamente tarde, as 15:30, o que permitia ao Príncipe Rainiero e a súa familia xantar antes de ver a carreira desde o palco real no inicio recta de meta. A carreira levouse a cabo en condicións cálidas e asolladas, cunha temperatura ambiente de 23 °C, e foi vista por un total de aproximadamente 48.000 espectadores.
Cando a luz verde marcou o inicio da carreira, Hill e Schumacher, lideraban ao chegar a Santa Devota, pero detrás deles unha colisión múltiple entre Coulthard e os dous Ferrari provocou que se sacase a bandeira vermella e a carreira fose detida. Coulthard foi lixeiramente máis lento na liña de saída e foi adiantado polo exterior na primeira curva por Berger, e polo interior por Alesi. A medida que a pista estreitabase á entrada de Santa Devota, non había espazo suficiente para que os tres coches pasaran en paralelo, e Alesi contactou co lado traseiro dereito do coche de Coulthard, que á súa vez tocou a Berger. O Williams saíu polo aire e virou 180 graos antes de estrelarse de novo e quedando no vértice da curva coa suspensión rota, mentres que os dous danados Ferrari tamén chocaron entre si antes de acabar no mesmo punto. A maioría dos pilotos perseguidores, liderados por Brundle, abríronse paso a través dos vehículos danados, pero Irvine golpeou o seu alerón dianteiro, Boullion rompeu un difusor, e Katayama, Salo, Morbidelli, Inoue e Schiattarella víronse obrigados a parar, xa que non podían pasar. Coa pista completamente bloqueada, a carreira detívose e fixéronse os preparativos de inmediato para unha nova saída.
Os coches de Coulthard, Berger e Alesi resultaron danados sen posibilidade de reparación inmediata, os tres veronse obrigados a competir cos coches de reposto, reivindicando a práctica habitual de Ferrari en Mónaco de ter un vehículo adicional para cada piloto. O coche de reposto de Berger, fora equipado cun motor que non tiña tanta potencia como o seu coche de carreiras ou o coche de reposto Alesi, mentres que o acelerador do coche de Coulthard non quedou totalmente calibrado, no afán de preparalo para o reinicio da carreira. O Jordan de Irvine e o Sauber de Boullion foron reparados, e os demais pilotos atascados na primeira curva foron capaces de reiniciar a carreira cos seus coches, agás Salo e Schiattarella: Salo co seu motor Yamaha recalentado no atasco, tivo que saír na continuación desde a rúa de boxes no Tyrrell de reposto e o Simtek de Schiattarella foi danado polos comisarios ao intentar movelo da escena do accidente. O equipo carecía dun coche de reserva, polo que Schiattarella non puido tomar parte na carreira, e a participación de Simtek na carreira terminou, sen que ningún dos coches de carreiras completara unha volta, xa que o coche de Verstappen, sufriu de novo un problema co cambio e foi empuxado ao pit-lane, cando o resto estaban a facer a segunda volta de formación.
Na continuación, Hill e Schumacher mantiveron as súas posicións, mentres que Coulthard adiantaba aos Ferraris en Santa Devota, con Alesi diante de Berger. A medida que os pilotos completaron a primeira volta, Hill adiantaba por 0´5 segundos a Schumacher, que era seguido á súa vez por Coulthard, Alesi, Berger, Herbert, Häkkinen, Irvine, Brundle, Barrichello, Blundell, Panis, Frentzen, Badoer, Morbidelli, Katayama, Martini, Boullion, Gachot, Moreno, Montermini, Salo, Diniz e Inoue. Nas primeiras voltas, Hill logrou aos poucos unha vantaxe de case dous segundos de vantaxe sobre Schumacher na volta 10, cos dous afastandose a par de Coulthard, que nese momento marchaba oito segundos por detrás do Benetton Nesta etapa xa se produciran dous abandonos: o motor Mercedes de Hakkinen fallou debido a un problema coa bomba de combustible na novena volta da carreira, e Moreno, trompeou en Santa Devota, cando unha fuga de líquido de freos fíxolle perder o control do seu Forti unha volta máis tarde. Morbidelli tivo que facer unha parada non programada para reparar unha grave vibración do pneumático causada por unha sección de corda de amarre dunha manta de arrequecemento das lamias que se atascou nunha das súas rodas traseiras, quedando relegado á última posición.
Esta foi a terceira carreira en que se usaron sensores electrónicos para o seguimento de que ningún coche anticiparase na saída, e nesta carreira, seis pilotos (Barrichello, Brundle, Montermini, Frentzen, Morbidelli e Panis), foron penalizados cun Stop and go de dez segundos, por esta falta. Todos, agás Montermini entraron con prontitude para cumprir a penalización, algúns ata formaron unha cola na zona de penaización, pero o piloto de Pacífic non puido entrar dentro do prazo estipulado de tres voltas desde o aviso, polo que foi descualificado da carreira, logo de subir ao 17º lugar antes de cumprir a súa pena de forma tardía. Os pilotos sancionados caeron na clasificación como resultado do tempo perdido, polo que logo de 16 voltas completadas, a orde de carreira era: Hill, Schumacher, Coulthard, Alesi, Berger, Herbert, Irvine, Blundell, Badoer, Katayama, Brundle, Martini, Barrichello, Panis, Frentzen, Boullion, Salo, Montermini (aínda, sen cumprir a súa pena), Gachot, Inoue, Diniz e Morbidelli.
Clasificación Cualificación
Pos Nº Piloto Construtor Tempo Q1 Tempo Q2 Diferenza 1 5 Damon Hill Williams-Renault 1:24.659 1:21.952 2 1 Michael Schumacher Benetton-Renault 1:24.146 1:22.742 +0.790 3 6 David Coulthard Williams-Renault 1:26.556 1:23.109 +1.157 4 28 Gerhard Berger Ferrari 1:24.509 1:23.220 +1.268 5 27 Jean Alesi Ferrari 1:23.754 1:24.023 +1.802 6 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:24.831 1:23.857 +1.905 7 2 Johnny Herbert Benetton-Renault 1:25.623 1:23.885 +1.933 8 25 Martin Brundle Ligier-Mugen-Honda 1:26.457 1:24.447 +2.495 9 15 Eddie Irvine Jordan-Peugeot 1:26.447 1:24.857 +2.905 10 7 Mark Blundell McLaren-Mercedes 1:26.017 1:24.933 +2.981 11 14 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 1:26.787 1:25.081 +3.129 12 26 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1:26.579 1:25.125 +3.173 13 9 Gianni Morbidelli Footwork-Hart 1:26.828 1:25.447 +3.495 14 30 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 1:25.661 sen tempo +3.709 15 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:28.439 1:25.808 +3.856 16 24 Luca Badoer Minardi-Ford 1:27.615 1:25.969 +4.017 17 4 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 1:28.123 1:26.473 +4.521 18 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:27.714 1:26.913 +4.961 19 29 Jean-Christophe Boullion Sauber-Ford 1:30.014 1:27.145 +5.193 20 11 Domenico Schiattarella Simtek-Ford 1:29.439 1:28.337 +6.385 21 16 Bertrand Gachot Pacific-Ford 13:33.570 1:29.039 +7.087 22 21 Pedro Diniz Forti-Ford 1:34.963 1:29.244 +7.292 23 12 Jos Verstappen Simtek-Ford 1:29.391 1:30.015 +7.439 24 22 Roberto Moreno Forti-Ford 1:30.461 1:29.608 +7.656 25 17 Andrea Montermini Pacific-Ford 1:30.149 sen tempo +8.197 26 10 Taki Inoue Footwork-Hart 1:31.542 sen tempo +9.590
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Michael Schumacher Benetton-Renault 78 1:53:11.258 2 10 2 5 Damon Hill Williams-Renault 78 +34.817 1 6 3 28 Gerhard Berger Ferrari 78 +1:11.447 4 4 4 2 Johnny Herbert Benetton-Renault 77 +1 volta 7 3 5 7 Mark Blundell McLaren-Mercedes 77 +1 volta 10 2 6 30 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 76 +2 voltas 14 1 7 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 76 +2 voltas 18 8 29 Jean-Christophe Boullion Sauber-Ford 74 Trompo 19 9 9 Gianni Morbidelli Footwork-Hart 74 +4 voltas 13 10 21 Pedro Diniz Forti-Ford 72 +6 voltas 22 Ret 24 Luca Badoer Minardi-Ford 68 Suspensión 16 Ret 26 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 65 Trompo 12 Ret 4 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 63 Caixa de cambios 17 Ret 14 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 60 Acelerador 11 Ret 16 Bertrand Gachot Pacific-Ford 42 Caixa de cambios 21 Ret 27 Jean Alesi Ferrari 41 Trompo 5 Ret 25 Martin Brundle Ligier-Mugen-Honda 40 Trompo 8 Ret 10 Taki Inoue Footwork-Hart 27 Caixa de cambios 26 Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 26 Trompo 15 DSC 17 Andrea Montermini Pacific-Ford 23 Descualificado 25 Ret 15 Eddie Irvine Jordan-Peugeot 22 Trompo 9 Ret 6 David Coulthard Williams-Renault 16 Caixa de cambios 3 Ret 22 Roberto Moreno Forti-Ford 9 Freos 24 Ret 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 8 Motor 6 NTSOu resultado de Jos Verstappen dáse a miúdo como unha retirada en lugar dun fallo no inicio, a pesar de que non tomou a segunda saída. 12 Jos Verstappen Simtek-Ford 0 Caixa dee cambios 23 NTS 11 Domenico Schiattarella Simtek-Ford 0 Danos 20
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Michael Schumacher 34 2 Damon Hill 29 3 Gerhard Berger 17 4 Jean Alesi 14 5 Johnny Herbert 12
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Benetton-Renault 36 2 Williams-Renault 32 3 Ferrari 31 4 McLaren-Mercedes 8 5 Sauber-Ford 4
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Official result of the 1995 Monaco Grand Prix at formula1.com 1995 Monaco Grand Prix statistics at forix.com 1995 Monaco Grand Prix report at grandprix.com
Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1995