Maximiliano Pérez Prego, nado en Pontevedra cara a 1883 e finado na mesma cidade o 31 de xaneiro de 1937, foi un procurador, xornalista e político galego.
Traxectoria Foi vocal do Centro Republicano de Pontevedra (1930), logo da dimisión de Osorio-Tafall pasou a vicesecretario do Centro. Foi membro da ORGA de Pontevedra en 1931, presidente de Acción Republicana en 1933, presidente do Comité Provincial da Autonomía (Pontevedra). O 1 de decembro de 1932 fundou o xornal El País, do que foi director. Foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra o 26 de marzo de 1936. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado en Pontevedra pero suspendeuse o seu xuízo xa que enfermou no cárcere. A causa diso morreu no Hospital Provincial de Pontevedra. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado ao pago de 1 000 pesetas en 1940.BOE, 6-10-1940, p. 4665.
Vida persoal
Casou con Agripina Poza Cobas, filla de Laureano Poza Estévez, en 1907.La Libertad, 28-7-1907, p, 2. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos