John Allen Henson, nado o 28 de decembro de 1990 en Greensboro, Carolina do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Instituto Durante tres anos, Henson foi ó Round Rock High School en Round Rock, Texas. No seu derradeiro ano trasladouse ó Sickles High School en Tampa, Florida. Nesa tempada 2008-09, fixo 17.6 puntos, 12.2 rebotes e 6.1 tapóns por partido. Henson liderou ó equipo a unha marca de 24-5, e a unha marca de 10-0 na liga,MaxPreps John Henson Profile pero o equipo perdeu contra o Lakeland Senior HS por 48-43 nas semifinais rexionais do campionato FHSAA da Clase 6A de Florida. Henson foi elixido no primeiro equipo do estado, e Xogador do Ano pola Asociación de Adestradores de Tampa Bay.

Traxectoria universitaria Henson comezou a súa primeira tempada universitaria xogando de aleiro para os Tar Heels, pero coa lesión de Ed Davis, Henson pasou a xogar de ala-pivote a mediados de febreiro de 2010. Tras ese cambio, mellorou o xogo de Henson, e fixo 9.4 puntos por partido nos 16 derradeiros encontros da tempada. Porén, os Tar Heels non se clasificaron para o Torneo da NCAA, perdendo contra Dayton nas finais do National Invitation Tournament.

En 2011 e 2012, conseguiu o premio ó Xogador Defensivo do Ano.

Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Henson foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Milwaukee Bucks. O 10 de xullo de 2012, asinou o seu contrato de rookie cos Bucks.

O 7 de decembro de 2018, Henson foi traspasado xunto a Matthew Dellavedova ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos.

O 6 de febreiro de 2020, Henson foi traspasado xunto a Brandon Knight e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Detroit Pistons, a cambio de Andre Drummond.

Notas

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Greensboro, Carolina do Norte Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons