Kendall Dewan Marshall, nado o 19 de agosto de 1991 en Dumfries, Virxinia, é un ex xogador e actual adestrador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Marshall foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Phoenix Suns. O 16 de xullo de 2012, asinou un contrato por varios anos cos Suns. O 4 de novembro de 2012, fixo o seu debut oficial na NBA contra os Orlando Magic.
O 25 de outubro de 2013 foi traspasado xunto a Marcin Gortat, Shannon Brown e Malcolm Lee ós Washington Wizards a cambio de Emeka Okafor e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014. Tres días máis tarde, Marshall, Brown e Lee foron cortados polos Wizards.
O 20 de decembro de 2013, Marshall asinou cos Los Angeles Lakers. O 3 de xaneiro de 2014 saíu coma titular contra os Utah Jazz, e fixo 20 puntos e 15 asistencias na vitoria dos Lakers por 110-99, rematando así cunha xeira de seis partidos perdidos consecutivos.
O 20 de xullo de 2014, Marshall asinou cos Milwaukee Bucks. O 19 de febreiro de 2015 volveu ós Phoenix Suns tras ser traspasado nun acordo entre os Bucks, os Suns e os Philadelphia 76ers. Dous días máis tarde foi cortado polos Suns.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers