Rojo y negro é un filme español de 1942 dirixido polo falanxista Carlos Arévalo. O título fai referencia ás cores da bandeira da Falanxe, as mesmas que as da politicamente oposta Confederación Nacional do Traballo.

Sinopse Luísa e Miguel son mozos dende que eran uns nenos, e sempre estiveron xuntos. Durante a Segunda República Miguel afíliase a un partido de esquerdas e Luísa á Falanxe. Luísa comeza a axudar a compañeiros de partido perseguidos ou capturados. Co fin de comprobar se un deles se atopa preso na checa do Convento das Adoratrices, entra nela facéndose pasar por membro das Xuventudes Socialistas Unificadas. Pero o encargado da mesma, sospeita dela e faina seguir cando volve á súa casa.

Tralo rexistro da súa casa, descobren o recibo da súa afiliación ó partido e é detida. En primeiro lugar é levada á Checa das Adoratrices, onde é violada, e finalmente trasládana á Checa de Fomento.

Cando Miguel se decata de que está alí, corre no seu coche a buscala, pero ó chegar descobre que facía un cuarto de hora que a levaran fusilar. Corroído pola dor, Miguel comeza un tiroteo contra unha patrulla de milicianos, provocando deste xeito a súa propia morte.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1942 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes sobre a guerra civil española