miniatura|200px|right|Cameleiro beduíno tradicional. Os árabes (en árabe: عربي ‎; transliteración: ʻarabī) son un pobo semita orixinario de Arabia. A pesar de que o concepto de pobo árabe ou de nación árabe cambiou moito ao longo dos tempos e dos diversos contextos sociopolíticos, e que a miúdo se confundiu con agrupamentos de tipo relixioso (o islam ou "comunidade dos crentes"), actualmente defínese principalmente polo feito de falar a lingua árabe e non ten ningunha connotación racial, relixiosa nin política. Debido á extensión da lingua árabe por todo o Oriente Medio e o norte de África a partir do século , modernamente adóitanse considerar árabes as persoas que teñen como lingua materna o árabe, sexa cal for a súa orixe étnica ou a súa relixión, e por extensión os naturais dos chamados países árabes, aínda que algúns destes teñen minorías étnicas de lingua non árabe. Os árabes, xa que logo, non constitúen un grupo étnico homoxéneo e a definición de "árabe" variou a través das épocas e os contextos.

Etimoloxía do nome O uso máis antigo da palabra "árabe" que se atopa documentado, na Mesopotamia, refírese a un grupo de pobos existentes no século IX a.C.

A raíz da palabra "árabe" (-R-B) ten moitos significados diversos nas linguas semíticas: "poñente", "deserto", "mesturar", "mercador" ou "corvo". Ata é posible que algunhas destas formas proveñan dunha metátese da raíz -B-R, que significaría "trasladarse", "atravesar", e polo tanto, suponse, "nómade". Se o árabe é inicialmente «o home do deserto» ou «o home que atravesou o deserto», representaría a identidade beduína en sentido estrito, é dicir, o conxunto das tribos nómades que vivían do pastoreo en Arabia. Esta raíz (-R-B) tamén podería designar «o lugar onde se pon o sol» (e de aquí Érebo, as tebras), é dicir, o Occidente. Árabe e Europa, pois, poderían provir ambos do semítico ereb, que significa «posta de sol» (e polo tanto, occidente); esta hipótese non é totalmente aceptada, de momento.

Identidade árabe miniatura|200px|Familia árabe de Ramala, ao comezo do século XX. A identidade étnica dos árabes non se ten que confundir coa súa adscrición relixiosa, e é anterior á aparición do islam, tal como se demostra historicamente pola existencia de reinos árabes cristiáns e de tribos árabes xudías na antiga Arabia. Aínda así, hoxe en día a gran maioría dos árabes son musulmáns, con pequenas minorías que seguen outras relixións, principalmente o cristianismo. Na actualidade os árabes son xeralmente musulmáns sunnistas, xiítas ou zaidi, aínda que, entre o 7,1 e o 10 por cento dos árabes son árabes cristiáns . Doutra banda, os pobos islamizados pero non arabizados, que constitúen o 80% da poboación musulmá mundial, non forman parte do mundo árabe, pero si do mundo islámico, que é xeograficamente moito máis extenso e diverso.

Na actualidade, a definición de quen é ou non é árabe ten que incluír un ou máis dos tres criterios seguintes:

1. Criterio xenealóxico: Árabes son os descendentes das antigas tribos de Arabia, habitantes iniciais da Península Arábiga e de Siria. Esta definición foi moi empregada na Idade Media, por exemplo o historiador e historiógrafo árabe Ibn Khaldún (1332-1406) distingue entre os árabes aos árabes sedentarios que foran nómades no pasado e os árabes beduínos que aínda eran nómades do deserto. Utiliza a expresión "árabes exnómades" para referirse aos musulmáns sedentarios, pero denominándoos a continuación segundo a cidade ou o país onde vivían, é dicir, exipcios, hispanos ou iemenís.

Os xenealoxistas árabes medievais dividían os árabes en tres grupos: "Antigos árabes": tribos que desapareceran ou que foran desfeitas, como os A'ad e os Thamud, a miúdo mencionadas no Corán como exemplos do poder de Deus para destruír os pobos impíos. "Árabes puros": os do sur de Arabia, especialmente do Iemen, descendentes dos catanitas (moitos deles emigrados logo da destrución de Ma'rib), e os seus rivais norteños, descendentes de Adnan. "Árabes arabizados" (musta`ribah): os do centro e norte de Arabia, descendentes de Ismael, fillo de Abraham. O Libro dos Xubileus explica que os fillos de Ismael mesturáronse cos fillos de Quetura e Abraham, e que os seus descendentes nomeáronse "árabes" e "ismaelitas".

O criterio xenealóxico, foi perdendo forza a medida que diversos pobos íanse identificando progresivamente como árabes.

2. Criterio lingüístico: os que falan árabe como lingua materna, incluíndo calquera das súas variedades locais. Esta definición alcanza máis de 300 millóns de persoas. Aínda así, algúns grupos que cumpren este criterio rexeitan denominarse árabes en base ao feito que non teñen devanceiros árabes. Por exemplo, os exipcios prefiren definirse propiamente como exipcios, e non árabes.Jankowski, James, "Egypt and Early Arab Nationalism", a Rashid Kakhlidi, ed., Origins of Arab Nationalism, pàx. 244–245Citado por Dawisha, Adeed, Arab Nationalism in the Twentieth Century, Princeton University Press, 2003, ISBN 0-691-12272-5, pàx. 99

3. Criterio xeopolítico: no contexto do moderno nacionalismo, calquera cidadán de calquera estado onde o árabe é a lingua oficial ou unha das linguas oficiais, ou que simplemente forma parte da Liga Árabe (no cal o árabe é lingua oficial daquel país, aínda que non o fale a maioría da poboación). Esta definición tamén incluiría máis de 300 millóns de persoas, pero é a máis contestada e a máis simplista das tres. É un criterio que exclúe toda a diáspora árabe fora do mundo árabe e en cambio inclúe non só os que se consideran árabes senón tamén poboacións arabizadas que non se consideran árabes elas mesmas, por exemplo a maioría de libaneses e de exipcios, tanto cristiáns como musulmáns, e tamén minorías étnicas non arabizadas que conservaron as súas propias linguas, diferentes do árabe, como os bérberes de Marrocos e de Alxeria, os kurdos de Iraq ou os somalís, maioritarios en Somalia, un país non árabe e aínda así membro da Liga Árabe.

A importancia relativa de cada un destes tres factores vese de forma diversa segundo quen os formule, e a miúdo orixinan discusións. En xeral, a maioría dos que se consideran así mesmos árabes baséanse nunha superposición das definicións xeopolíticas e lingüísticas.

Pouca xente acepta unha definición política de quen é árabe se non se trata á vez de falantes do árabe. Por exemplo, son poucos os kurdos e os bérberes que se identifican como árabes, a pesar de que algúns bérberes si que o fan. Algunhas minorías relixiosas da Asia Occidental e do norte de África que falan árabe, como os cristiáns de Exipto, Líbano e Siria, ás veces non se consideran eles mesmos árabes e, obviamente por motivos políticos, tampouco se denominan árabes os xudeus orientais, orixinarios dos países árabes, que son de lingua e cultura árabes pero de relixión xudía. A Liga Árabe estableceu na súa declaración fundacional, de 1946, que era árabe "unha persoa que fala árabe, que vive nun país de lingua árabe, que simpatiza coas aspiracións dos pobos de lingua árabe" (unha curiosa combinación de definición lingüística e política).

Durante a época de expansión do islam, nos séculos VII e VIII, os árabes crearon un grande imperio gobernado sucesivamente polos Rashidun, polos Omeias, e polos Abbásida, os límites do cal tocaban Francia ao oeste, a China ao leste, Asia Menor ao norte, e o Sudán ao sur. Os árabes expandiron o islam e a súa lingua, que é a lingua do Corán, intermediando conversións e asimilación cultural. Moitos grupos foron sendo coñecidos como "árabes" ao longo deste proceso de arabización, complementario da conquista militar. Polo tanto, co tempo, o termo "árabe" foise cargando dun significado máis amplo que o da etnia orixinal: aparece un "árabe cultural" fronte ao "árabe étnico". O panarabismo proclama que os árabes comparten unha mesma historia, unha mesma cultura e unha mesma lingua. A consecuencia lóxica disto foi a reclamación dun estado soberano onde quedasen agrupados todos os territorios árabes, pero o panarabismo ten que competir a miúdo cos nacionalismos locais, especialmente no Líbano, en Siria, no Iraq e no Exipto.

Na Idade Media, os cristiáns de Italia e os cruzados en xeral preferían a palabra sarracenos para todos os musulmáns, sen distinción. Os cristiáns de Hispania denominábanos mouros, tamén sen distinción de orixe, incluíndo os que vivían na Península Ibérica, a pesar de que este termo designaba orixinariamente os habitantes do Magreb da antigüidade

Lingua

miniatura|200px|dereita|Distribución do árabe:

como única lingua oficial ( verde)

xunto con outras linguas (azul)

A lingua árabe, o principal factor definitorio e unificador dos árabes, é unha lingua semítica orixinaria de Arabia que este pobo conseguiu expandir enormemente como primeira ou segunda lingua, e sobre todo como lingua litúrxica de todos os musulmáns, por Asia occidental e África do Norte. Esta expansión a través de tantos pobos inicialmente non árabes da como resultado na súa aculturación e, nalgúns casos, dominación por parte dos árabes. A arabización, un movemento lingüístico-cultural, foi ligado a miúdo, pero non sempre, coa islamización, un movemento relixioso.

Coa expansión do islam no século VII, o árabe, a lingua na que foi escrito a Corán, pasa a ser a lingua franca de toda a conca mediterránea. Foi neste período que a lingua e a cultura árabes vanse expandir cumpridamente xunto coa expansión do islam, tanto polas conquistas como polo contacto cultural.

A lingua e a cultura árabes, con todo, tiveron unha primeira expansión máis reducida antes do Renacemento islámico, desde o século II, polo oeste de Asia, con árabes cristiáns (as tribos gassànidas, lakhmidas e Banu Judham) que emigraron desde o norte de Arabia cara ao deserto de Siria e cara á costa oriental do Mediterráneo (Palestina e Líbano). Actualmente, entre un 7,1% e un 10% dos árabes son cristiáns, xunto con outras minorías da zona. Alfabeto árabe

miniatura|300x300px|left|Verde escuro: estados onde o alfabeto árabe é o único oficial.Verde claro: estados onde son empregados outro tipo de alfabeto adicional ao árabe. A lingua árabe escríbese no seu propio alfabeto, o Alif, desde o século IV. O alfabeto árabe xurdiu dunha evolución da alfabeto nabateo, que provén da variante siríaca do alfabeto arameo, e esta variante deriva do alfabeto fenicio. É un alfabeto consonántico moi parecido o hebreo. Isto quere dicir que as vogais curtas non se escriben, senón que deben deducirse do contexto. Esta situación vese aliviada co feito de que as linguas semíticas poñen a maior parte do significado nas consoantes e vogais longas, que si se escriben. A escritura árabe, que vai de dereita a esquerda, é unha escritura ligada e cursiva, máis que unha sucesión de caracteres individuais. Isto quere dicir que a forma da letra está influída pola súa posición dentro de cada palabra ou na frase .