"I am a Catalan" é a frase inicial e que mellor identifica o discurso pronunciado por Pau Casals na sede da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 24 de outubro de 1971 con motivo da estrea do Himno das Nacións Unidas, que el mesmo compuxera, e para recibir a Medalla da Paz das Nacións Unidas en recoñecemento á súa posición pola paz, a xustiza e a liberdade. Ademais a continuación do discurso, Casals interpretou co violonchelo El cant dels ocells, a canción tradicional catalá que popularizou por todo o mundo. Unha melodía que como o propio Casals dixo, nacía da alma do seu pobo, Cataluña e que tocaba como un canto de paz. Como aceptación da medalla pronunciou un discurso en inglés e catalán, lembrando as reunións de Paz e Tregua de Deus:
O discurso tivo un impacto importante sobre a sociedade catalá que vivía baixo a ditadura de Franco e converteuse nun lema popular entre o nacionalismo catalán que podía ver a súa identidade e historia recoñecida a nivel mundial por un dos seus grandes cidadáns. Foi a primeira vez que se empregaba a lingua catalá na Asemblea Xeral das Nacións Unidas.
Pau Casals recibiu a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya en 1979, seis anos antes da súa morte.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pau i Treva de Déu
Ligazóns externas Vídeo do discurso de Pau Casals en TV3 Transcrición do discurso na web da Fundación Pau Casals Corenta anos de 'I am a Catalan' de Pau Casals na ONU - Vilaweb Novas
Categoría:Nacionalismo catalán Categoría:Pau Casals