Peter Sagan, nado en Žilina o 26 de xaneiro de 1990, é un ciclista eslovaco. Fíxose profesional en 2009, e en pouco tempo gañou sona como especialista en clásicas e finais en sprint, tamén ten boas calidades como corredor de contra o reloxo, sendo quen de bater a Fabian Cancellara no prólogo da Volta a Suíza 2011. Caracterízase por ser un corredor atrevido e con moito equilibrio enriba da bicicleta, ademais de rodar de maneira moi espectacular.
Traxectoria Como moitos mozos comezou destacando no ciclocross e no mountain bike en categorías inferiores. En 2008 adxudicouse o Campionato do Mundo e de Europa de Ciclismo de Montaña, e un ano antes foi terceiro en ámbolos dous campionatos, ademais doutros resultados e vitorias destacadas en categoría júnior. No ano 2009, sendo aínda júnior, foi fichado polo equipo Continental Dukla Trencin Merida.
Ciclismo profesional
2009 No seu primeiro ano como ciclista profesional, gaña o Gran Premio Kooperativa e 2 etapas do Mazovia Tour.
2010 No 2010 uniuse ao equipo do ProTour Liquigas. A súa primeira carreira con este equipo foi o Tour Down Under, durante o cal escapou nun grupo xunto a Cadel Evans, Alejandro Valverde e Luis León Sánchez na etapa raíña. Na París-Niza acadou 2 vitorias, batendo corredores como Valverde e Joaquim Rodríguez. No Tour de California gañou no Big Bear Lake unha etapa de 4 500 metros de desnivel.
2011 En 2011 converteuse nunha das estrelas do pelotón internacional, sendo, con 15 vitorias, o segundo na clasificación de vitorias, só superado por Philippe Gilbert. Consolidouse como un gañador de regularidade en calquera carreira que corre. Na Volta a Suíza gañou unha etapa de alta montaña superando un coloso como o Grosse Scheidegg. Gañou 2 voltas por etapas, e estreouse nas grandes voltas cun triplete, sendo o que máis etapas gaña nesa edición da Volta a España. Memorable o seu descenso en Córdoba, ao plantarse na meta con tres compañeiros de equipo e só Pablo Lastras puido aguantar ese descenso vertixinoso. Unha semana despois do final da Volta venceu na súa primeira "clásica" en Prato. Á semana seguinte foi 12º no mundial de Copenhaguen.
2012 En 2012 volveu mostrar unha notable melloría. Na Tirreno-Adriático venceu a etapa de Chieti cun quilómetro final durísimo. Nas clásicas de primavera consolidouse como un dos grandes especialistas en carreiras clásicas do momento, sendo 2º en Gante-Wevelgem, 3º en Amstel Gold Race, 4º en Milán-San Remo e 5º no Tour de Flandres.
Nese mesmo ano no Tour de California tivo unha grande actuación, vencendo en 5 das 8 etapas disputadas e quedando 2º no Big Bear Lake. No prólogo da Volta a Suíza derrotou a Fabian Cancellara, invicto nese percorrido os 4 últimos anos, o que supuxo a primeira vitoria contra o cronómetro do corredor eslovaco, que finalmente levaría 3 etapas máis e a regularidade. Varios días despois revalidaría o título de campión de ruta do seu país.
No debut no Tour de Francia tardou ben pouco en levar a súa primeira etapa: tras un prólogo peor do esperado, venceu na primeira etapa en liña, para gañar outras 2 etapas máis na primeira semana e lucir dende a etapa 2 ata a fin nos Campos Elíseos o maillot verde. Porén, dende o Tour de Francia non conseguiu ningunha outra vitoria, e no Mundial volveu fracasar por segundo ano consecutivo.
2013 En 2013 seguiu a súa progresión. Tras un comezo discreto en San Luis, na seguinte carreira en Oman acadou 2 vitorias irresistibles. En Camaiore conseguiu a súa segunda clásica, e quedou 2º na Strade Bianche tralo seu compañeiro Moreno Moser. Na Tirreno quedou patente a súa nova melloría, sendo capaz de xuntar nunha mesma carreira unha vitoria ante os mellores esprinters do mundo e o triunfo na etapa de San Elpidio fronte á elite.
2014 Gañou varias etapas en carreiras de pretemporada e quedou 6º na Paris-Roubaix. Gañou a clasificación de sprints no Tour de California e a clasificación por puntos e mais dúas etapas na Volta a Suíza. Non participou no Giro para poder preparar o Tour de Francia, no que acadou o maillot verde malia non gañar ningunha etapa.
2016 Comezou o ano no Tour de San Luis, cunha participación máis ben sobria. No retorno ao calendario europeo, correu tres clásicas menores (Omloop Het Nieuwsblad Elite, Kuurne-Bruxelles-Kuurne e Strade Bianche), onde rematou 2º, 7º e 4º, respectivamente.
Malia non ser tan bo inicio como o de tempadas anteriores, Sagan disputou a Tirreno-Adriático, finalizando 2º na clasificación xeral, 2º en dúas etapas e 1º na clasificación por puntos. Debido a que as vitorias non chegaban para Sagan, dicíase que a "maldición do arco da vella" caera sobre Sagan, que levaba acumulados cinco segundos postos.
Afianzando esa afirmación, Sagan volvía a quedar 2º na 3ª clásica belga (E3 Harelbeke), esta vez por detrás de Michał Kwiatkowski. Con seis segundos postos a maldición collía forza.
Co obxectivo de disipar dúbidas e reivindicarse, Sagan estaba decidido a gañar a 4ª clásica belga, Gante-Wevelgem. Ao igual que na E3 Harelbeke, atacou dende o pelotón, esta vez con Fabian Cancellara e Sep Vanmarcke. Xuntos acadaron ao ruso Viacheslav Kuznetsov, quen atacara previamente. Neste hábil movemento que pretendía romper a carreira, lograron avantaxar ao pelotón, onde o Ettix-Quick Step tentaba reducir a distancia sen éxito, ata en 50 segundos. Finalmente, e como se pensaba, o eslovaco gañou o sprint con autoridade, vencendo así por segunda vez nesta carreira e rompendo a suposta maldición.
Sen a presión de estrearse, Sagan afrontaba o Tour de Flandres con forza e ilusión, para anotarse así o seu primeiro "monumento" ciclista. A falta de 50 km para meta, Kwiatkowski tomou as rendas da carreira cun ataque, levando consigo a Sagan e a Vanmarcke. Estes neutralizaron a escapada do día e chegaron ao mítico e durísimo "muro" de Paterberg, onde Cancellara lanzou unha ofensiva para coller o grupo cabeceiro. Nun movemento espello, Peter tamén decidiu atacar para descolgar os seus acompañantes e evitar que Cancellara contactase. Pasado o Paterberg, Vanmarcke e o suízo deixaron atrás a Kwiatkowski. Entre ambos non houbo entendemento, xa que Vanmarcke estaba canso e "Espartaco" imprimiu un forte ritmo, pero insuficiente para alcanzar a Sagan. O campión mundial cruzaba a liña de meta en solitario e gañaba a 100ª edición do Tour de Flandres, con forza e clase, segunda vitoria da tempada.
Sen descanso, Sagan prepárase para disputar a París-Roubaix como máximo favorito tralo dobrete de clásicas belgas (Gante-Wevelgem e Tour de Flandres). O clima durante a carreira presentou unha dificultade engadida, e un corte importante do pelotón a moitos quilómetros de meta supuxo, practicamente, a despedida de Sagan da vitoria. Este, dándose relevos con Cancellara nun grupo secundario, intentaría neutralizar o grupo cabeceiro onde ían outros favoritos como Tom Boonen. Malia o grande esforzo dos dous, a distancia que recortaban era mínima e debido ás malas condicións do empedrado Cancellara caeu, rompendo o grupo e deixando ao eslovaco en solitario, que con habilidade sorteou ao suízo. Desta maneira remataba a primeira parte da tempada para el, non podendo despedirse co dobrete do empedrado.
Practicamente un mes despois da París-Roubaix, Sagan dispúxose a gañar o Amgen Tour de California, onde era asiduo á vitoria. Tras demostrar unha notable superioridade, facíase con dúas etapas. Case un mes despois de levantar os brazos, volvía a impoñerse nun sprint na 2ª etapa da Volta a Suíza, confirmando así o seu excelente estado de forma, a só 2 semanas de comezar o Tour de Francia.
Coa moral alta e un físico ao mesmo nivel, o campión comezaba o Tour de Francia cun 3º posto no primeiro sprint da rolda gala onde, tras arrancar con forza, é superado por Kittel e Cavendish, resultando vencedor o británico. Na 2ª etapa, grazas á axuda de Roman Kreuziger, neutralizan a escapada do día a 500 m de meta, e o eslovaco bate con solidez a Julian Alaphilippe nun sprint reducido, obtendo así a súa 5ª etapa no Tour de Francia, 3 anos despois da última. A maiores, enfúndase o maillot amarelo por primeira vez. Tralo día de descanso, na 10ª etapa, Sagan métese na escapada, onde é vixiado constantemente, rompéndoa o mesmo e índose en solitario na última cota da xornada. Malia isto, Michael Matthews é máis rápido e relégao a un 2º posto. Nove etapas despois da súa 5ª etapa no Tour, aproveitaba o vento e os abanicos no pelotón, saltando a 10 km de meta xunto con Geraint Thomas, o seu compañeiro Maciej Bodnar e o maillot amarelo Chris Froome. Como era de esperar, logra a súa 6ª etapa no Tour e unha importante diferenza no maillot por puntos. Cinco etapas máis tarde, na 16ª, Sagan volvía a demostrar o seu poderío e a súa calidade, superando ao sprint a Alexander Kristoff por milímetros. Pese a non ser do seu perfil, Sagan participou nas fugas das dúas últimas etapas (19ª e 20ª) para axudar na montaña o seu compañeiro Rafał Majka e o seu líder Roman Kreuziger, o que lle valeu para facerse co premio da combatividade do Tour. Na chegada a París sería segundo por detrás do alemán André Greipel, ratificando así o seu 5º maillot verde consecutivo e quedando a só un do alemán Erik Zabel, dono de seis.
Unhas semanas despois de terminar o Tour de Francia e a só unha semana de comezar os Xogos Olímpicos de Río, o equipo Bora-Hansgrohe anunciaba a fichaxe de Sagan polos próximos tres anos, levando consigo os seus homes confianza, Maciej Bodnar, Erik Baška, o seu irmán maior Juraj etc.
Descartando participar na proba en ruta dos Xogos por non adaptarse esta demasiado ao seu estilo, Peter alístase á modalidade de mountain bike, volvendo así aos seus inicios no ciclismo. Tras un bo inicio que lle permitiría situarse entre os tres primeiros, dúas picadas nas rodas afastárono da vitoria final.
Palmarés 2009 Gran Premio Kooperativa 2 etapas do Mazovia Tour
2010 2 etapas da París-Niza 1 etapa do Tour de Romandía 2 etapas do Tour de California
2011 Giro de Sardeña, mais 3 etapas 1 etapa do Tour de California 2 etapas da Volta a Suíza Campionato de Eslovaquia en Ruta 15px 20px Tour a Polonia, mais 2 etapas 3 etapas da Volta a España G. P. Industria & Commercio di Prato
2012 1 etapa do Tour de Omán 1 etapa da Tirreno-Adriático 1 etapa dos Tres Días de La Panne 5 etapas do Tour de California 4 etapas da Volta a Suíza Campionato de Eslovaquia en Ruta 15px 20px 3 etapas do Tour de Francia, mais clasificación por puntos 20px 2013 2 etapas do Tour de Omán Gran Premio Cidade de Camaiore 2 etapas da Tirreno-Adriático Gante-Wevelgem Campionato de Eslovaquia en Ruta 15px 20px Clasificación por puntos do Tour de Francia 20px 2014 1 etapa do Tour de Omán 1 etapa da Tirreno-Adriático E3 Harelbeke 1 etapa dos Tres Días de A Panne 1 etapa do Tour de California 1 etapa da Volta a Suíza Campionato de Eslovaquia en Ruta 15px 20px Clasificación por puntos do Tour de Francia 20px 2015 1 etapa da Tirreno-Adriático Tour de California, mais 2 etapas 2 etapas da Volta a Suíza Campionato de Eslovaquia en Ruta 15px 20px Campionato de Eslovaquia Contra o reloxo 15px 20px Clasificación por puntos do Tour de Francia 20px 1 etapa da Vuelta a España Campionato Mundial en Ruta 15px 20px 2016 Gante-Wevelgem Tour de Flandres 2 etapas do Tour de California 2 etapas da Volta a Suíza 2º no Campionato de Eslovaquia en Ruta 15px 3 etapas do Tour de Francia, mais clasificación por puntos 20px e premio da combatividade 20px Gran Premio de Quebec Campionato Europeo en Ruta 15px 20px 2 etapas do Eneco Tour UCI World Tour Campionato Mundial en Ruta 15px 20px
Resultados nas Grandes Voltas e Campionatos do Mundo Carreira2010201120122013201420152016Giro de Italia-------Tour de Francia--42º82º60º46º95ºVuelta a España-121º--Ab.Ab.-Mundial en Ruta 24px Ab. 12º 14º 6º43º 1º 1ºMundial Contra o reloxo 24px - --- - -- -: non participa Ab.: abandono
Recoñecementos