Anthony Davis, Jr., nado o 11 de marzo de 1993 en Chicago, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Xogou de ala-pivote para a Universidade de Kentucky antes de ser seleccionado na 1ª posición do Draft da NBA de 2012 polos New Orleans Hornets. Despois da súa temporada "rookie" na NBA, foi elixido no mellor quinteto de novatos da competición. No seu segundo ano foi elixido no Quinteto ideal da NBA.

Traxectoria Instituto miniatura|left|180px|Davis cos Wildcats. Anthony Davis Jr. é fillo de Anthony e Eranier Davis. Naceu o 11 de marzo de 1993 no South Side de Chicago, Illinois. Ten unha irmá xemelga chamada Antoinette e unha irmá máis vella chamada Lesha, que tamén xogan a baloncesto. Na súa cidade natal acudiu ao Instituto Perspectives Charter School, un centro cun programa académico famoso polos seus programas de matemáticas e ciencias. O equipo do Perspectives milita nunha división da Chicago Public High School League, a chamada Blue Division, ignorada polos medios de comunicación debido ao baixo nivel da competición. No seu primeiro ano, Davis era coñecido como "O pequeno que lanza triplas desde a esquina". Ao finalizar o seu primeiro ano no instituto medra 10 centímetros e aínda que a tempada seguinte seguiu xogando por fóra, traballou o seu xogo interior adestrando co seu tío e os seus curmáns. Durante o seu ano júnior os seus pais pensaron en mudalo de instituto a un con maior repercusión nos medios. Con todo Donnie Kirksey, amigo do pai de Anthony, desaconsellou tal opción dicindo que "Se es bo, dá igual onde xogues, encontrarante".

Universidade Tras terminar o instituto, Davis matriculouse na Universidade de Kentucky, onde pasou a formar parte do seu equipo de baloncesto, os Kentucky Wildcats dirixidos por John Calipari. Mesmo antes de que a súa carreira universitaria comezase, moitos analistas xa lle vían como futuro número 1 do Draft. Calipari comparou fisicamente a Davis con Marcus Camby, mais afirmando que o seu pupilo era mellor driblador e tirador que Camby.

No seu único ano universitario Davis fixo unha media de 14,2 puntos, 10,4 rebotes e 4,7 tapóns por partido, liderando a NCAA neste último apartado. Disputou un total de 40 partidos con media de 32 minutos por choque. Foi nomeado xogador do ano, novato do ano e mellor defensor do ano. Na final da Final Four da NCAA o seu equipo impúxose á Universidade de Kansas por 67-59 no Mercedes-Benz Superdome de Nova Orleáns. Aínda que non estivo moi acertado en ataque (1 de 10 en tiros de campo para un total de 6 puntos) o seu labor defensivo (16 rebotes e 3 roubos de balón) foron chave para o triunfo dos Wildcats. Uns días máis tarde declarouse escollíbel para o Draft de 2012.

Estatísticas AnoEquipoPXPTMPP%TC%3P%TLRPPAPPROUTPPPPP 2011–12 Kentucky 40 40 32.0 .623 .150 .709 10.4 1.3 1.3 4.7 14.2 Total 40 40 32.0 .623 .150 .709 10.4 1.3 1.3 4.7 14.2

NBA miniatura|Davis en 2014. Tal e como previron moitos Mock Drafts, Davis foi seleccionado na primeira posición do Draft da NBA de 2012 por New Orleans Hornets. Na súa estrea como profesional anotou 21 puntos e capturou 7 rebotes, mais non puido evitar a derrota do seu equipo en casa ante os San Antonio Spurs. Ao partido seguinte sufriu unha conmoción cerebral tras un choque co seu compañeiro Austin Rivers, o que lle mantivo afastado das pistas unha semana. Ao seu regreso asinou o seu primeiro dobre-dobre na NBA con 23 puntos e 11 rebotes, ademais de pór 5 tapóns. Participou no Rising Stars Challenge co Team Chuck, saíndo de titular e anotando 11 puntos e atrapando 9 rebotes. Davis finalizou a súa primeira tempada na NBA liderando a clasificación de rookies en rebotes (8'2) e tapóns (1'8). Foi incluído no mellor quinteto de rookies, mais a pesar de partir como favorito a principios da tempada, o premio ao Rookie do Ano levoullo Damian Lillard de forma unánime.

Na tempada , Davis converteuse no xogador máis novo da historia da NBA en facer unha media de 20 puntos, 10 rebotes e 2'8 tapóns por partido. Quedou na terceira posición do trofeo ao Xogador máis mellorado da NBA tras Goran Dragić e Lance Stephenson. Ademais, foi elixido por primeira vez para disputar o All-Star Game, que celebrou en Nova Orleáns. Nun principio non foi votado polo público nin seleccionado posteriormente polos adestradores, mais a ausencia de Kobe Bryant por lesión permitiu a Davis estrearse no partido das estrelas diante do seu público. Tamén participou no Rising Stars Challenge en calidade de sophomore. A súa gran tempada non tivo premio a nivel colectivo, xa que os Pelicans, cun balance de 34 vitorias e 48 de derrotas, non se clasificaron para Playoffs.

A tempada foi a da súa definitiva consagración na elite da liga. Durante os primeiros meses de competición as súas espectaculares actuacións metéronlle de cheo na carreira polo MVP, que finalmente levou Stephen Curry. Ademais, foi incluído no Mellor quinteto da tempada e conseguiu clasificarse para os Playoff por primeira vez na súa carreira. O 9 de xullo de 2015 renovou o seu contrato por cinco anos e 145 millóns de dólares.

Estatísticas Lenda   <font color="#B4975A">PX Partidos xogados   <font color="#B4975A">PT  Partidos titular  <font color="#B4975A">MPP  Minutos por partido  <font color="#B4975A">%TC  Porcentaxe de tiros de campo  <font color="#B4975A">%3P  Porcentaxe de tiros de 3  <font color="#B4975A">%TL  Porcentaxe de tiros libres  <font color="#B4975A">RPP  Rebotes por partido  <font color="#B4975A">APP  Asistencias por partido  <font color="#B4975A">ROU  Roubos de balón por partido  <font color="#B4975A">TPP  Tapóns por partido  <font color="#B4975A">PPP  Puntos por partido  <font color="#B4975A">Negra  Máximo de carreira

Temporada regular <font color="#B4975A">Ano<font color="#B4975A">Equipo<font color="#B4975A">PX<font color="#B4975A">PT<font color="#B4975A">MPP<font color="#B4975A">%TC<font color="#B4975A">%3P<font color="#B4975A">%TL<font color="#B4975A">RPP<font color="#B4975A">APP<font color="#B4975A">ROU<font color="#B4975A">TPP<font color="#B4975A">PPP New Orleans 64 60 28.8 .516 .000 .751 8.2 1.0 1.2 1.8 13.5 New Orleans 67 66 35.2 .519 .222 .791 10.0 1.6 1.3 2.8 20.8 New Orleans686836.1.535.083.80510.22.21.52.924.4 New Orleans616135.5.493.324.75810.31.91.32.024.3 New Orleans757536.1.505.299.80211.82.11.32.228.0 New Orleans757536.4.534.340.82811.12.31.52.628.1 New Orleans565633.0.517.331.79412.03.91.62.425.9 Total 466 461 34.6 .517 .314 .795 10.5 2.1 1.4 2.4 23.7 <font color="#002B5C">All-Star <font color="#002B5C">5 <font color="#002B5C">2 <font color="#002B5C">15.6 <font color="#002B5C">.739 <font color="#002B5C">.167 <font color="#002B5C">.000 <font color="#002B5C">4.0 <font color="#002B5C">0.2 <font color="#002B5C">1.0 <font color="#002B5C">0.0 <font color="#002B5C">20.6

Playoffs <font color="#B4975A">Ano<font color="#B4975A">Equipo<font color="#B4975A">PX<font color="#B4975A">PT<font color="#B4975A">MPP<font color="#B4975A">%TC<font color="#B4975A">%3P<font color="#B4975A">%TL<font color="#B4975A">RPP<font color="#B4975A">APP<font color="#B4975A">ROU<font color="#B4975A">TPP<font color="#B4975A">PPP 2015 New Orleans 4 4 43.0 .540 .000 .889 11.0 2.0 1.3 3.0 31.5 2018 New Orleans 9 9 39.8 .520 .273 .828 13.4 1.7 2.0 2.4 30.1 Total 13 13 40.8 .526 .250 .850 12.7 1.8 1.8 2.6 30.5

Internacional Tras gañar o campionato universitario, e ante as lesións de varios xogadores importantes da selección estadounidense, Davis foi engadido xunto con James Harden á preselección do combinado norteamericano para os Xogos Olímpicos de Londres 2012. Máis tarde, unha lesión no nocello fixo que fose descartado da lista olímpica, mais tras a ausencia de última hora de Blake Griffin foi convocado de novo. Davis debutou nos Xogos Olímpicos ante Francia na vitoria do Team USA por 98-71, anotando tres puntos no oito minutos que estivo sobre o parqué. Finalmente conseguiría, xunto co resto dos seus compañeiros, a medalla de ouro de campión. Dous anos despois foi convocado de novo, esta vez para o Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014 celebrado en España. Ao igual que na anterior cita o equipo de Davis conseguiu a medella de ouro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024