O Atlético Sanluqueño Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Sanlúcar de Barrameda, na provincia de Cádiz. Foi fundado en 1948 e actualmente xoga no grupo IV da Segunda División B Española.

Historia O Atlético Sanluqueño Club de Fútbol foi fundado en 1948, aínda que a súa inscrición en competicións oficiais produciuse en 1951.

O seu debut en categoría nacional, concretamente na Terceira División, produciuse na tempada 1958-59. A tempada 1986-87, sendo presidente Luis Merino e adestrador José Enrique Díaz, logrou ascender á Segunda División B. Descendeu a Terceira División a tempada 1991-92 e non logrou novamente o ascenso ata a tempada 2011–12.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta con raias verticais de cores verde e branco, pantalón branco e medias verdes. Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón negro e medias negras.

O uniforme do Atlético Sanluqueño baséase no do Real Betis Balompié. Parece ser que o equipo, nas súas orixes, recibiu un xogo destes equipamentos por mediación dun directivo que gozaba de boas relacións co mencionado club.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 10 (incluída a 2019/20) Tempadas en 3ª: 38

Xogadores destacados Manuel Ruiz Nolito Pedro Ríos

Palmarés Terceira División Española (1): 2011–12 Subcampión da Terceira División (1): 1995-96

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Andalucía Categoría:Equipos do grupo 2 da Primeira División RFEF