O McDonnell FH Phantom foi un caza bimotor deseñado durante a segunda guerra mundial para a Armada dos Estados Unidos. O Phantom foi o primeiro reactor puro en aterrar nun portaavións estadounidenseAngelucci e Bowers 1987, p. 268 e o primeiro despregado polo Corpo de Marines. Aínda que o seu tempo de servizo en primeira liña foi relativamente breve, axudou a probar aos líderes da Mariña a viabilidade dos reactores baseados en portaavións. Ademais, foi o primeiro caza exitoso de McDonnell, levando ao desenvolvemento do seu sucesor, o McDonnell F2H Banshee, un dos dous cazas navais máis importantes da Guerra de Corea, que tamén establecería a McDonnell como un importante provedor de avións da Armada.USN F-4 Phantom II vs VPAF MiG-17/19: Vietnam 1965-73. Osprey Publishing Só se fabricaron 62 FH-1 antes de que a produción cesase para construír o máis potente F2H Banshee.

O FH Phantom foi orixinalmente coñecido como FD Phantom, pero a designación cambiouse cando o avión entrou en produción.

Variantes

XFD-1 Prototipo equipado con motores de 5,18 kN Westinghouse 19XB-2B (J-30). Fabricáronse dous. FH-1 (FD-1) Versión de produción con motores de 7,1 kN Westinghouse J30-WE-20 (orixinalmente designouse FD-1). 60 fabricados.

Notas

Bibliografía

Angelucci, Enzo e Peter M. Bowers. The American Fighter. Sparkford, Somerset, UK: Haynes Publishing Group, 1987. .

Categoría:Aeronaves de McDonnell Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1945