Palafolls é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Está situado a 60 km de Barcelona e limita con Santa Susanna, Blanes, Tordera e Malgrat de Mar. Segundo datos do INE tiña 8.966 habitantes en 2011.
A orixe da localidade é romana e tamén o seu nome, que deriva de Palatiolo.
O pobo está constituído polos seguintes barrios e lugares: barrio de Santa Maria, barrio de Sant Lluís, barrio de Sant Genís (formado por Sant Genís de Palafolls e a urbanización Ciutat Jardí), Mas Carbó, Mas Reixac e Les Ferreries; esta última é a parte do centro onde atopamos a igrexa, o concello ou as escolas, entre outros servizos.
Os sábados ten lugar o mercado semanal.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2011 836 1.084 1.153 2.2702.6105.2358.966
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Patrimonio históric e artístico de Palafolls Información do Institut d'Estadística de Catalunya Sitio web da urbanización de Mas Carbó
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona