Luciano Rodríguez Gómez, nado en Carracedo (A Veiga) en 1951, é un filólogo e crítico literario galego. Traxectoria Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Salamanca e a de Santiago de Compostela. Doutorouse pola Universidade da Coruña en 1993 cunha tese sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño. É profesor de Literatura Galega na Facultade de Filoloxía da Coruña.

Colaborou en diversas revistas e publicacións, como Man Común, Grial, Nordés, Litoral ou La Voz de Galicia.

En 2023 nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega. Obra en galego Ensaio A poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, 1994, Deputación de Lugo. Auga de varios ríos. Xesús Alonso Montero e Basilio Losada polo seu xubileo, 2001, edición do autor. Tres miradas poéticas, 2006, Laiovento. O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, 2009, Xerais. Páxinas amarelas. Lecturas de poesía, 2010, Espiral Maior.

Edicións Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo, 1985, Galaxia. Poesía, de Aquilino Iglesia Alvariño, 1991, Xerais. Sándor Petőfi: homenaxe desde Galicia (España). Versión plurilingüe do poema Petöfi de Aquilino Iglesia Alvariño, 1995, edición de autor. Ámbito dos pasos: antoloxía poética, de Ramiro Fonte, 1996, Concello de Pontedeume. Poesía reunida (1957-2001), de Xohana Torres, 2004, PEN Clube de Galicia. En voz baixa. Obra poética escollida (1979-2005), de Xulio L. Valcárcel, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Poesía, de Miguel González Garcés, 2008, Deputación da Coruña.

Antoloxías Invitación á narrativa, 1983, Xerais. Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega, 1986, Sotelo Blanco. Poesía gallega contemporánea, Galicia, rosa dos ventos (1996), revista Litoral,Rodríguez, L., & Millán, A. J. (Eds.). (1996). "Poesía gallega contemporánea" (Nº. 209-210). Litoral. nº 209-210, monográfico codirixido con Antonio J. Millán. Galician generation of the eighties. Three poets: Xulio L. Valcárcel, Pilar Pallarés, Ramiro Font, 1999, Universidade da Coruña. 25 anos de poesía galega (1975-2000) I, II e III, 2002, Biblioteca Galega 120. Horizontes poéticos, 2002, Xerais. Poetas galegos do século XX. Antoloxía, 2004, Espiral Maior.

Dix-sept poètes galiciens. Dezasete poetas galegos (1975-2000), 2008, Universidade da Coruña. Poesía suspensa, 2008, Espiral Maior. Obras colectivas Para saír do século. Nova proposta poética, 1997, Xerais. Con Teresa Seara. Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña. Xosé Luís Méndez Ferrín: o home, o escritor, 2002, Universidade da Coruña. Con Xosé María Dobarro. Cinco impactos poéticos en ditadura, 2005, Universidade da Coruña. Con Xosé María Dobarro. III Encontros de Escritores Galegos: literatura e xornalismo, 2006, Deputación da Coruña. IV Encontro de Escritores Galegos: literatura e cidade, 2007, Deputación da Coruña. Ámbitos de tradución. V Encontro de Escritores Galegos, 2008, Deputación da Coruña. Con Xosé Manuel Fernández Castro. Literatura e proxección exterior. VI Encontro de Escritores Galegos, 2012, Deputación da Coruña. Con Xosé Manuel Fernández Castro.

Tradución I Festival Internacional de Poesía Cidade de Betanzos, 2006, Concello de Betanzos. Sobre unha confidencia do mar grego, precedido de Correspondencias, de Andrés Sánchez Robayna, 2009, Espiral Maior.

Obra en castelán Edicións La raíz poseída, de Miguel Anxo Fernán-Vello, 1989, Olifante. Los caminos de la voz. Seis poetas gallegos de hoy, 1995, Deputación de Granada. El volumen de la ausencia, de Xulio L. Valcárcel, 1997, Olifante. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Veiga Categoría:Nados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega