Iago Díaz Fernández, coñecido como Iago Díaz nado en Barcelona (Cataluña) o 10 de febreiro de 1993, é un futbolista profesional galego que actualmente xoga de centrocampista no Recreativo de Huelva. Os seus pais son de Lugo e Paradela. Formado na canteira do Club Deportivo Lugo, anteriormente até os once anos xogara no Azkar Lugo de fútbol sala.

Traxectoria Nado circunstancialmente Barcelona, aínda que lucense, de facto pódese ler habitualmente que naceu en Lugo, Iago Díaz comezou a xogar de novo nas categorías inferiores do equipo de fútbol sala da súa cidade, o Azkar Lugo, pasando desde alí pasou ás categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. No club albivermello comezaría a progresar até chegar debutar en decembro de 2011 co primeiro equipo nun encontro da Segunda División B ante o Rayo Vallecano B en Madrid. No Anxo Carro xogaría o seu primeiro partido oficial ante o Real Club Celta de Vigo B. O 4 de marzo desa mesma tempada marca o seu primeiro gol na competición ante o Real Sporting de Gijón B, curiosamente outro equipo filial. Finalizaría ese ano tendo xogado 13 partidos co primeiro equipo, nun ano no que os galegos conseguriían o seu ascenso á Segunda División. Ese mesmo verán asina un contrato por tres temporadas no equipo da súa cidade.

No seu primeiro ano na categoría de prata, debuta xa na primeira xornada, o 18 de agosto de 2012, na vitoria dos lucenses por 1-0 ante o Hércules Club de Fútbol,Manu se empeña en escribir la historia lucense saíndo no minuto 75 en substitución do arxentino Diego Tonetto. O seu primeiro gol en Segunda chegaría antes de finalizar o ano, anotando o 1-2 na derrota do seu equipo ante o seu público contra o Girona Futbol Club. Finalizaría a tempada 2012-13 con 4 goles marcados, o que o faría o segundo máximo goleador do club nesa tempada xunto con Pablo Álvarez, só por detrás dos 15 goles de Óscar Díaz. Na tempada 2013-14 xogaría 37 partidos e anotaría 3 goles, sendo a finais de tempada un dos fixos no once de Quique Setién.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesLugoSegunda B2011-2012171LugoSegunda2012-2013314LugoSegunda2013-2014373LugoSegunda2014-2015244UD AlmeríaSegunda2015-2016202UD AlmeríaSegunda2016-2017110Cultural LeonesaSegunda B2017142SD PonferradinaSegunda B2017-

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en resultados-futbol.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Futbolistas da provincia de Lugo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva