Acontecementos África Inicio do reinado de Biton Coulibaly, no reino Bambara do Níxer (até 1755). (Royaume bambara de Ségou) jusqu'en 1755. Asenta o seu poder sobre un exército de antigos escravos e soldados inimigos capturados. Comezo do reinado de Andrianamboniarivo, fillo de Andriamandisoarivo, rei Sakalava de Boina, en Madagascar (v. 1712-1722).

Europa Guerra de Sucesión española 29 de xaneiro: apertura do congreso de Utrecht (Países Baixos) para negociaren a paz entre os Aliadoss e a Casa de Borbón. 4 de xullo: Le Quesnoy, defendido por 2.000 homes, réndese logo dun asedio de quince días. Dous terzos da gornizón escapa xunto o seu xefe, o gobernador La Badie, ao cal o rei francés Lois XIV encarcera na Bastilla, ao considerar esa fuxida como unha deserción. 24 de xullo: vitoria vital das tropas francesas de Villars e de Montesquiou-d’Artagnan sobre os austíacos, os holandeses e os alemáns do prince Euxenio na batalla de Denain. Setembro: os británicos retíranse de Cataluña. 5 de novembro: O rei de España Filipe V renuncia aos seus dereitos á coroa de Francia, tanto para el como para os seus descendentes. 7 de novembro: armisticio franco-portugués.

Guerra Civil suíza 25 de xullo: vitoria das tropas protestantes de Zürich e Berna sobre dos católicoss do Valais na batalla de Villmergen. 11 de agosto: sinatura do tratado de Aarau que instaura a liberdade relixiosa en Suíza.

Nacementos 24 de xaneiro - Frederico II o Grande, rei de Prusia. 28 de xuño - Jean-Jacques Rousseau, filósofo francés (m. 1778). 11 de decembro - Francesco Algarotti, escritor, filósofo e crítico de arte italiano (m. 1764).

Mortes 14 de setembro - Giovanni Domenico Cassini, astrónomo italiano. 12 de novembro - Domingo de Andrade, arquitecto galego (n. 1639).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1712