Ari Thorgilsson (Ari Þorgilsson, en islandés), tamén coñecido coma Ari o Erudito (Ari fróði, en islandés), nado en 1067 e finado o 9 de novembro de 1148, foi un historiador, escritor e o principal cronista medieval islandés.

Traxectoria Membro do clan dos Haukdælir, unha das principais familias medievais islandesas, crese que chegou a ser ordenado crego, mais non se sabe con certeza. Pouco máis se coñece da vida persoal de Ari.

Familiarizado coas crónicas latinas e en contacto coa tradición oral islandesa, é autor dos principais libros das sagas nórdicas: o Libro dos Islandeses, onde narra os sucesos principais da historia de Islandia dende o tempo do seu primeiro colono, o noruegués Ingólfr Arnarson, arredor do 870 e ata o 1120, e o Libro dos Reis, que conta a historia dos reis de Noruega. Probablemente fose tamén o autor do Libro dos Asentamentos, onde se refire ao descubrimento e colonización de Islandia, así como á xenealoxía dos seus primeiros poboadores

Véxase tamén Bibliografía Portela, Elías, 2010. Introdución en Saga dos groenlandeses. Saga de Erik o Roxo, tradución de Elías Portela, Rinoceronte Editora.

Categoría:Escritores de Islandia Categoría:Escritores en lingua islandesa Categoría:Historiadores medievais Categoría:Nados en 1067 Categoría:Finados en 1148 Categoría:Nados en Islandia