Cerbère (en catalán: Cervera de la Marenda) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Céret e ao cantón de Côte Vermeille e contaba con 1.573 habitantes en 2008.

Cerbère é o municipio francés máis oriental que é limítrofe con España. Limita concretamente con Portbou, na provincia de Xirona.

Xeografía Limita con Banyuls-sur-Mer e con Portbou (España). A súa altitude oscila desde os 0 m ao nivel do Mediterráneo ata os 643 m nas Albères.

Forma parte da Costa Vermella.

Historia No lugar que hoxe ocupa a comuna de Cerbère atopáronse numerosos restos prehistóricos, e tamén é citada en documentos tanto da Idade Antiga como da Idade Media, pero será no século XIX cando a historia de Cerbère dará un tombo radical.

O 1864 asinouse un acordo entre España e Francia para facer pasar polo Col des Belitres o ferrocarril entre os dous estados e de construír as estacións fronteirizas de Portbou e de Cerbère, que foi inaugurada en 1878. O tránsito rapidamente logrou unha grande importancia e dado a diferenza de anchura das vías españolas e francesas foi necesaria a construción de grandes instalacións para facilitar o transbordo de mercancías.

Creceu considerablemente a poboación e en 1889 creouse a comuna de Cerbère que non parou de crecer ata moi pasada a metade do século XX cando a mecanización de moitas tarefas, a competencia doutros medios de transporte e máis adiante a supresión das barreiras aduaneiras supuxo unha certa redución dos postos de traballo.

150px|miniatura|Hotel Belvédère du Rayon Vert O papel económico da estación de Cerbère continúa sendo bastante importante, a pesar de todo, como o testemuñan os 2,5 millóns de toneladas de mercancías (1998) ou os 15.000 trens anuais que transitan.

Hai que destacar tamén o incremento das actividades turísticas.

Demografía

Lugares de interese Igrexa parroquial de San Salvador de Cerbère, construída nos anos 1880. Pedra Dreta, monumento megalítico. Estación internacional, edificada en 1878. Hotel Belvédère du Rayon Vert, construción de 1932. Faro do Fin do Mundo. Cantís e praia de Bou Fallut.

Véxase tamén Outros artigos Concellos do departamento dos Pireneos Orientais Ligazóns externas

Cerbère no sitio web do Institut géographique national Cerbère no sitio web do Insee

Categoría:Concellos do departamento dos Pireneos Orientais