Xosé Manuel Maceira Fernández, nado en Orazo (A Estrada) o 4 de xaneiro de 1964, é un escritor e crítico literario galego.
Traxectoria Fixo a educación primaria en Covelo e a secundaria en Ponteareas e na Estrada. Licenciouse en Filoloxía Hispánica, especialidade de Galego-portugués, na Universidade de Santiago de Compostela, sendo bolseiro do Instituto da Lingua Galega. Traballa como docente no ensino medio, exercendo como profesor de Lingua Galega e Literatura. Ten colaborado con artigos en O Correo Galego e La Voz de Galicia.
Obras Ensaio A literatura galega no exilio. Consciencia e continuidade cultural, 1995, Edicións do Cumio. O nacionalismo cívico: interpretación do contributo da Irmandade da Fala da Coruña, 2007, Laiovento. Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, 2014, Alvarellos.
Edicións Literatura na diáspora bonaerense. Antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Polos camiños do pobo, de Emilio Pita, 1999, Ediciós do Castro. Poemas e cantigas. Retesía, 2004, Espiral Maior. Vieiros de brétema, 2005, Espiral Maior. Obra inédita e esquecida: teatro, contos, ensaios e lendas, 1915-1972, de Leandro Carré Alvarellos, 2006, Alvarellos.
Obras colectivas Actas do Congreso Castelao, 1989, Universidade de Santiago. Novo do trinque, 1997, BNG. Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939), 2006, Xerais.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1964 Categoría:Premio Carvalho Calero Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes