Isidro Buceta Buceta, nado en Pontevedra en 1883 e finado en Madrid o 19 de abril de 1974Necrolóxica en ABC, foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1904). Foi director do periódico El Progreso. Foi concelleiro e síndico do Concello de Pontevedra e presidente do Recreo de Artesanos. Vinculouse co agrarismo na súa última etapa en El Progreso, cando se produciu a escisión entre monteristas e riestristas, apoiou o movemento Acción Gallega e ao seu líder Basilio Álvarez, e iniciou unha campaña contra o marqués de Riestra. En 1916 marchou a Madrid onde exerceu a avogacía. En 1923, a raíz dos acontecementos agrarios dos Mártires de Sobredo, foi invitado polo Ateneo Madrileño para explicalo. Esta conferencia publicouse como El agrarismo gallego y su momento actual. Nas eleccións de municipais de abril de 1931 foi candidato da coalición monárquica por Madrid. Durante a II República estivo vinculado ao Partido Agrario Español e en 1935 tratou de impulsar a súa implantación na provincia de Pontevedra.

Obras Ensaio El agrarismo gallego y su momento actual, 1923.

Poesía Humo al viento, 1960. Cantares y coplas, 1971. Aquel día (Veinticuatro horas), 1973.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas El Partido Agrario Español (1934-1936): Una alternativa conservadora y republicana

Categoría: Xornalistas de Pontevedra Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Nados en Pontevedra Categoría: Nados en 1883 Categoría: Finados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes