Miguel Montes Torrecilla, nado en Morille (provincia de Salamanca) o 22 de decembro de 1969 foi un futbolista que xogaba na demarcación de defensa central, actualmente é director deportivo.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores da UD Salamanca. No ano 1990 da o salto ao primeiro cadro de xogadores onde xogaría 6 anos entre Segunda División B, Segunda División e Primeira División.

Na tempada 1997-98 ficha polo Elche CF onde xoga unha tempada ata o descense do equipo a Segunda B.

No verán de 1998 ficha pola Cultural Leonesa onde se retira no ano 2000.

Despois da súa retirada exerceu como secretario técnico de Novelda CF, FC Cartagena, UD Salamanca e Celta de Vigo.

Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados na provincia de Salamanca Categoría:Directores deportivos de fútbol de España