Eu son (en inglés, I Am That) é a obra máis coñecida de Nisargadatta Maharaj, e é considerado por numerosos guías espirituais contemporáneos coma un dos libros máis importantes nestes eidosEckhart Tolle sobre Nisargadatta Maharaj (son en inglés) e referencia ineludible para o estudo do moderno Advaita Vedanta.
O libro, publicado en 1973, contiña transcricións de distintas conversas entre Nisargadatta Maharaj e diversos visitantes que acudían á súa humilde residencia en Mumbai na procura de consello espiritual.
A publicación do libro atraeu innumerables visitantes, tanto indios coma estranxeiros, ao fogar do mestre que foi considerado, dende entón, un referente da vida espiritual india tanto dentro coma fóra do seu país.
No ano 1999, a versión en inglés, I Am That contaba xa con dezasete reediciónsRecensión en handbooks . Foi traducido ao galego por Iván Sende e publicado en 2012 por Axóuxere EditoraEu son, ficha na web de Axóuxere Editora..
Elaboración As conversas que dan corpo ao libro foron gravadas, transcritas e traducidas por Maurice Frydman que actuaba decote coma intérprete entre Nisargadatta e os seus interlocutores, pois Maharaj so falaba a súa lingua natal, o marathi. No tocante aos os motivos que levaron á esta publicación o propio Nisargadatta explicaba: "Ao meu nivel, ignoraba o valor do meu coñecemento da realidade, pero Maurice Frydman, que xa convivira con sabios como Ramana Maharshi, Krishnamurti e outro máis, podía comparar e valorar os meus coñecementos. Para el había no que eu dicía un factor común co que xa oira. Por iso é polo que dixo: "Todo o que se di aquí a un visitante pérdese de inmediato, a pesar de que podería axudar moito aos que buscan a verdade. Gustaríame traducir e publicar as súas palabras para que os demais puidesen coñecelo". E entón escribiu o I Am That".Yoga en Zaragoza, Estudios tradicionales .
As primeiras edicións constaban de dous volumesPointers from Niargadatta Maharaj, Ramesh S. Balsekar, e foi a editorial Chetana a encargada da publicación. Aínda que é Sudhaker S. Dikshit quen figura coma editor é probable que a maior parte deste traballo recaese en mans de Maurice FrydmanRemembering Nisargadatta Maharaj, Five interviews with David Godman
Á par coa edición inglesa publicouse unha edición en marathi revisada polo propio NisargadattaI Am That, Translators Note (Maurice Frydman), 1973.
Estrutura do libro I Am That ten 101 capítulos ou seccións que se corresponden con cadansúa conversa. Aínda que moitas conversas están centradas nunha temática concreta, abundan as que tratan varios temas, sempre en relación coa busca espiritual. A extensión das mesmas varía entre dúas páxinas as máis curtas e seis ou sete as máis extensas superando as 500 páxinas de texto. Contén así mesmo varias notas tanto do editor coma do tradutor ao comezo do libro e, nas últimas edicións, incluíuse o apéndice "Nisarga Yoga", escrito por Maurice Frydman, que é un breve resumo das ensinanzas de Nisargadatta Maharaj, e outro apéndice sobre o Navnath Sampradaya, a liñaxe relixiosa á que pertencía Nisargadatta.
Título do libro e temática O título do libro "Eu son", fai clara referencia aos Mahāvākyas ou "grandes frases" dos Upanishads, os textos fundacionais dos Vedas, especialmente ao Tat Tvam Asi, literalmente "Ti es aquilo", (Tat = "presenza, divindade", Tvam = "ti", Asi = "es"), que ven a dicir: ti es o divino.
As ensinanzas de Nisargadatta están fortemente arraigadas no Advaita Vedanta, cuxo tema central apunta á identidade da alma individual, Atman, coa realidade última, o Brahman.
En moitas das conversas Nisargadatta demostra unha submisión completa cara ao seu mestre ("Guru"), Sri Siddharameshwar Maharaj, ao que se refire decote, e aconsella o camiño da devoción (Bhakti Yoga), a moitos dos seus visitantes, xa que considera que o camiño do coñecemento (Jnana Yoga), non é axeitado para todo o mundoNeal Rosner (Swami Paramatmananda), 'On the Road to Freedom: A Pilgrimage in India', Vol. 1, San Ramon, CA: Mata Amritanandamayi Center, 1987, pp. 212-8 .. Tamén aconsella en varias ocasións ao longo do libro o Ioga da acción (Karma Yoga), a varios dos seus interlocutores.
Temas principais A identificación co corpo Segundo Nisargadatta e outros mestres Advaitahttp://www.buddhasangha.com/ramanamaharshiquotes/ramana_maharshi_quotes9.htm √ un dos maiores obstáculos para a realización é a identificación co corpo: “En canto abandones a identificación co corpo serás sempre o Ser, ou Atman, unicamente. Para isto non se require ningún esforzo. Só tes que decatarte de que non es o corpo”http://www.enlightened-spirituality.org/Nisargadatta_My_Recollections.html .
Meditar na sensación "eu son" Un dos métodos para desfacerse desta identificción co corpo é centrarse na fonte da que xorde a conciencia, a sensación "eu son", que non é nin o corpo, nin os pensamentos, nin nada observable. De acordo co sabio de Mumbai todo acontece porque “eu son” e, mesmo se dubidas deste feito, ten que haber alguén aí para dubidarI Am That, Capítulo 51. “Si, a sadhana (práctica espiritual) consiste en lembrar a pura esencia dun mesmo, o feito de non ser nada en particular”I Am That, Capítulo 33.
A entrega “Vacíate”, “réndete” ou “abandona todo” é, decote, o consello dado aos seus visitantes: "Calquera que sexa o teu camiño, este remata na entrega total á verdade"I Am That, Capítulo 73I Am That, Capítulo 83I Am That, Capítulo 84.
Coñecemento conceptual O apego ao coñecemento puramente conceptual tamén pode ser un problema para o estudante. Segundo David Godman en ocasións Nisargadatta “pechaba seu puño, batía con el no chan e berraba ‘Kalpana! Kalpana!’ que signfica ‘Concepto! Concepto!’ E esa era a única resposta que os estudantes tiña ás veces. Maharaj non tiña ningún interese en enredar cos conceptos que os seus visitantes traian; a súa intención era que os abandonasen, non que os discutisen”http://www.davidgodman.org/interviews/nis2.shtml .
O esforzo Ao longo do libro o mestre insiste en ser serio (earnest)I Am That, Capítulos 31, 88..., ser dilixentes e coidadosos no traballo ata acadar o obxectivo final, a liberación ou Moksha; “A seriedade é o indicativo da madurez”I Am That, Capítulo 101. “Podes escoller o camiño que mellor se adapte a ti; a túa seriedade determinará a velocidade do teu progreso”I Am That, Capítulo 16..
Citas "Nada che pode causar problemas, agás a túa propia imaxinación." "Ti observas o corazón que sinte, a mente que pensa, o corpo que actúa; o propio feito de percibir amosa que ti non es iso que percibes." "Como corpo ocupas un espazo. Como mente vives nun determinado tempo. Pero es soamente un corpo cunha mente no seu interior? Investigaches isto algunha vez?" "Os cambios son inevitables no cambiante, pero ti non estás suxeito a eles. Ti es o contexto inmutable sobre o cal se perciben os cambios." "Abandona todas as preguntas excepto unha: "Quen son eu?". Despois de todo o único feito do que podes estar seguro é que ti es. O "eu son" é seguro, o "eu son isto", non. Esfórzate ata descubrir o que es realmente."
Notas
Categoría:Hinduísmo Categoría:Obras literarias de 1973 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Obras filosóficas