Viacheslav Aleksandrovich Malafeev (en ruso Вячеслав Александрович Малафеев), nado en San Petersburgo o 4 de marzo de 1979, é un futbolista ruso. Xoga de gardameta e o seu club actual é o FC Zenit San Petersburgo. Ademais, é internacional coa selección de Rusia.

Traxectoria Club En 1997, Malafeev comezou a xogar no segundo equipo do FC Zenit San Petersburgo, da terceira división. Tivo a súa primeira oportunidad para xogar no primeiro equipo en 1999. Converteuse no gardameta titular do Zenit en 2001. Gañou a Copa da UEFA na tempada 2007-08 co Zenit tras gañarlle na final ó Rangers FC.

Selección Malafeev debutou coa selección absoluta o 19 de novembro de 2003 contra Gales, nun partido de clasificación para a Eurocopa de Portugal de 2004, e participou en dous partidos na propia Eurocopa.

Foi incluído tamén no equipo da selección rusa para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil na web do FC Zenit San Petersburgo

Categoría:Futbolistas de Rusia Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Rusia Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1979