O río Avoca (en inglés River Avoca, en irlandés Abhainn Abhóca, historicamente Abhainn Mhór / Abhainn Dé) é un río do Condado de Wicklow, Irlanda, que discorre enteiramente dentro do condado.

Nace de dous ríos, o Avonmore (en irlandés Abhainn Mhór, "río grande") e o Avonbeg (Abhainn Bheag, "río pequeno"). Estes únense nun punto denominado "O Encontro das Augas" (Meeting of the Waters - Cumar an dá Uisce), un lugar de beleza singular, como recolle Thomas Moore nunha canción que lle dedica:

A vila de Avoca atópase no camiño do río.

Desemboca no Mar de Irlanda en Arklow, onde se ensancha nun grande estuario.

O val do Avoca posúe unha gran mina de cobre, e máis río abaixo estaba a fábrica de fertilizantes NET (pechada desde o 2002). Isto contribúe grandemente a que haxa contaminación no curso baixo do río.

A liña de ferrocarril Dublín-Wexford (e Rosslare) cruza o val do Avoca, nun atallo do que é a súa ruta principal bordeando a costa. A estrada R752 vai a carón da beira oeste do Avoca, desde "O Encontro" até Arklow.

Avoca Categoría:Ríos da República de Irlanda