José Toubes Pego, nado en Cuntis en 1881 e finado na Coruña o 6 de xuño de 1960, foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria miniatura|175px|José Toubes e Jacobo Varela de Limia, 1920. Chegou á Coruña en 1909 como coadxutor da parroquia de San Xurxo. Ao ano seguinte foi nomeado correspondente do diario católico El Debate e redactor de El Eco de Galicia. Foi un propagandista das ideas católicas, polo que en 1917 decidiu fundar El Ideal Gallego, que en 1931 tivo que transferir á Editorial Católica a causa das súas múltiples ocupacións parroquiais. En 1930 foi designado primeiro responsable de San Pedro de Mezonzo, a nova parroquia creada na cidade. O crecemento da poboación da parroquia animouno a propor a construción dun novo templo que se iniciou en 1953. miniatura|200px|Placa da Praza José Toubes Pego, na Coruña.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas José Toubes: El fundador de San Pedro de Mezonzo

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Cuntis Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1881 Categoría:Nados en 1960