O miso (en , "fonte do sabor") é unha pasta aromatizante fermentada e moi saborosa, feita con sementes de soia e/ou cereais e sal mariño. Considerouse durante séculos como un alimento curativo na China e o Xapón, e hoxe as investigacións modernas revelan que non se trabucan.
Contén enzimas vivas que axudan á dixestión e subministran un equilibrio nutritivo de carbohidratos naturais, aceites esenciais, vitaminas, minerais e proteínas. Como boa fonte de proteínas e vitamina B, tamén axuda a limpar o corpo das radiacións e da nicotina. O miso sen pasteurizar pode reconstruír a flora intestinal estragada por dietas de alto contido en carnes, azucre, produtos químicos ou antibióticos.
Na elaboración dun miso de primeira calidade, a soia orgánica é inoculada cun cultivo e incubase durante setenta e dúas horas.
Véxase tamén Outros artigos Sopa de miso
Categoría:Condimentos Categoría:Pratos de legumes Categoría:Gastronomía do Xapón