O Gran Premio de Mónaco de 1988 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 15 de maio de 1988 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de .
Cualificación
O dominio que McLaren - Honda mostrou na cualificación de Imola continuou en Mónaco. Ayrton Senna foi o único piloto en cualificarse por debaixo de 1:24.0 e acabou nun asombroso 1´4 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo e especialista en Mónaco, Alain Prost e 2´7 segundos máis rápido que o terceiro clasificado, Gerhard Berger no seu Ferrari. O coche atmosferico máis rápido foi o Williams de Nigel Mansell en 5º lugar, 3´7 segundos por debaixo do ritmo marcado por Senna. O piloto de Lotus - Honda Satoru Nakajima non puido clasificarse na grella de 26 vehículos (en anos anteriores, Mónaco, só tiña unha grella de 20 coches debido á natureza limitada do circuíto de Mónaco), o que confirmou que só estaba na Fórmula Un por mor da súa nacionalidade e a relación con Honda. Ademais tampouco puideron cualificar no estreito circuíto o Zakspeed de Bernd Schneider, o Minardi de Adrián Campos e o Tyrrell de Julian Bailey.
Resumo da carreira Senna liderou desde o principio, Prost superou a Berger cando o francés fallou nun cambio de marchas. A primeira curva en Santa Devota viu unha gran variedade de accidentes: Alex Caffi no seu novo Dallara bateu contra o muro, o AGS de Philippe Streiff retirouse logo dun impresionante 12º lugar na grella cando o cable do acelerador rompeu, e Nelson Piquet retirouse logo de chocar con Eddie Cheever.
A orde de marcha de Senna-Prost-Berger-Mansell- Alboreto - Nannini mantívose ata a volta 33, cando Alboreto adiantou a Mansell na piscina, cunha tardía manobra de adiantamento. Na volta 51, houbo algúns momentos dramáticos cando, en Mirabeau, Philippe Alliot no Lola tivo unha violenta colisión con Riccardo Patrese no Williams. Na volta 54 Prost conseguiu por fin pasar a Berger na primeira curva e quedou en segundo lugar. Entón, comezaron as voltas rápidas con Senna. Pero na volta 65, logo de que Prost rebaixara 6 segundos nunha volta a Senna, isto ía ser a perdición de Senna, que entrou en pánico, perdeu a súa concentración e deuse contra barreira en Portier, e a carreira foi gañada, por 4ª vez en 5 anos, por Prost. Senna desapareceu e McLaren non soubo nada del ata o día seguinte da carreira. Como vivía en Mónaco especulouse que o brasileiro simplemente foise á súa casa para contemplar a carreira que dominara desde a primeira vez que saíron á pista para os adestramentos libres do xoves pola mañá.
Os Ferraris quedaron 2º e 3º con Derek Warwick no Arrows - Megatron terminou cuarto logo dunha longa batalla co Tyrrell - Ford de Jonathan Palmer. Patrese recuperouse da súa colisión para gañar o punto final ao pasar o Lola de Yannick Dalmas na última volta. O punto de Patrese foi tamén o primeiro e único punto no campionato do mundo logrado por un motor Judd.
Anos máis tarde, o expiloto e coordinador do equipo McLaren Jo Ramírez revelou que o accidente de Senna fora causado porque o volante quedoulle nas súas mans cando pilotabaóo límite absoluto para vencer a Prost.
Clasificación Cualificación
Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 12 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:26.464 1:23.998 — 2 11 Alain Prost McLaren-Honda 1:28.375 1:25.425 +1.427 3 28 Gerhard Berger Ferrari 1:29.001 1:26.685 +2.687 4 27 Michele Alboreto Ferrari 1:29.931 1:27.297 +3.299 5 5 Nigel Mansell Williams-Judd 1:28.475 1:27.665 +3.667 6 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:29.093 1:27.869 +3.871 7 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 1:29.928 1:27.872 +3.874 8 6 Riccardo Patrese Williams-Judd 1:29.130 1:28.016 +4.018 9 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 1:32.889 1:28.227 +4.229 10 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:30.679 1:28.358 +4.360 11 1 Nelson Piquet Lotus-Honda 1:30.924 1:28.403 +4.405 12 14 Philippe Streiff AGS-Ford 1:29.597 1:28.527 +4.529 13 30 Philippe Alliot Lola-Ford 1:31.375 1:28.536 +4.538 14 15 Mauricio Gugelmin March-Judd 1:32.148 1:28.610 +4.612 15 24 Luis Perez-Sala Minardi-Ford 1:31.662 1:28.625 +4.627 16 20 Thierry Boutsen Benetton-Ford 1:29.539 1:28.640 +4.642 17 36 Alex Caffi Dallara-Ford 1:33.691 1:29.075 +5.077 18 32 Oscar Larrauri EuroBrun-Ford 1:31.861 1:29.093 +5.095 19 22 Andrea de Cesaris Rial-Ford 1:33.183 1:29.298 +5.300 20 25 René Arnoux Ligier-Judd 1:31.964 1:29.480 +5.482 21 29 Yannick Dalmas Lola-Ford 1:33.158 1:29.601 +5.603 22 16 Ivan Capelli March-Judd 1:35.216 1:29.603 +5.605 23 9 Piercarlo Ghinzani Zakspeed 1:33.005 1:30.121 +6.213 24 31 Gabriele Tarquini Coloni-Ford 1:32.792 1:30.252 +6.254 25 21 Nicola Larini Osella 1:36.705 1:30.335 +6.337 26 26 Stefan Johansson Ligier-Judd 1:36.036 1:30.505 +6.507 NSC 2 Satoru Nakajima Lotus-Honda 1:30.611 1:31.573 +6.613 NSC 10 Bernd Schneider Zakspeed 1:33.585 1:30.613 +6.615 NSC 23 Adrián Campos Minardi-Ford 1:32.627 1:30.793 +6.795 NSC 4 Julian Bailey Tyrrell-Ford 1:34.192 1:30.816 +6.818
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Alain Prost McLaren-Honda 78 1:57:17.077 2 9 2 28 Gerhard Berger Ferrari 78 + 20.453 3 6 3 27 Michele Alboreto Ferrari 78 + 41.229 4 4 4 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 77 + 1 volta 7 3 5 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 77 + 1 volta 10 2 6 6 Riccardo Patrese Williams-Judd 77 + 1 volta 8 1 7 29 Yannick Dalmas Lola-Ford 77 + 1 volta 21 8 20 Thierry Boutsen Benetton-Ford 76 + 2 voltas 16 9 21 Nicola Larini Osella 75 + 3 voltas 25 10 16 Ivan Capelli March-Judd 72 + 6 voltas 22 Ret 12 Ayrton Senna McLaren-Honda 66 Colisión 1 Ret 30 Philippe Alliot Lola-Ford 50 Colisión 13 Ret 15 Maurício Gugelmin March-Judd 45 Sistema combustible 14 Ret 9 Piercarlo Ghinzani Zakspeed 43 Caixa cambios 23 Ret 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 38 Caixa cambios 6 Ret 24 Luis Perez-Sala Minardi-Ford 36 Semieixo 15 Ret 5 Nigel Mansell Williams-Judd 32 Colisión 5 Ret 22 Andrea de Cesaris Rial-Ford 28 Motor 19 Ret 25 René Arnoux Ligier-Judd 17 Motor 20 Ret 32 Oscar Larrauri EuroBrun-Ford 14 Freos 18 Ret 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 8 Motor 9 Ret 26 Stefan Johansson Ligier-Judd 6 Motor 26 Ret 31 Gabriele Tarquini Coloni-Ford 5 Suspensión 24 Ret 1 Nelson Piquet Lotus-Honda 1 Colisión 11 Ret 36 Alex Caffi Dallara-Ford 0 Trompo 17 Ret 14 Philippe Streiff AGS-Ford 0 Acelerador 12 NSC 2 Satoru Nakajima Lotus-Honda NSC 10 Bernd Schneider Zakspeed NSC 23 Adrián Campos Minardi-Ford NSC 4 Julian Bailey Tyrrell-Ford DSC 33 Stefano Modena EuroBrun-Ford Excluído
Notas Stefano Modena foi excluído por falta dun control de peso.
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Alain Prost 24 2 Gerhard Berger 14 3 Ayrton Senna 9 4 Nelson Piquet 8 5 Michele Alboreto 6
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Honda33 2 Ferrari20 3 Lotus-Honda9 4 Arrows-Megatron6 5 Benetton-Ford4
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1988 Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1