Vladimir Sergeyevich Soloviev (ruso: Влади́мир Серге́евич Соловьёв), nado en Moscova o 16 de xaneiro de 1853 e finado o 31 de xullo de 1900, foi un poeta, pensador e teólogo ruso. En oposición ao positivismo e ao racionalismo europeo, Soloviev intentou desenvolver unha teoría unificada da ciencia, a ética e a relixión, superando tamén o cisma entre o catolicismo e o cristianismo ortodoxo.
Traxectoria Inicios Era fillo de Serguei Mikhailovich, un dos historiadores rusos de maior prestixio na súa época. Por vía materna tiña ascendencia ucraína e polaca. Estudou no Quinto Instituto humanista de Moscova. En 1864 entra na universidade na facultade de filoloxía e historia. Cursou tamén estudos en física e matemáticas. Interesouse, así mesmo, polo pensamento de Kant, Hegel, Feuerbach, Leibniz e Schelling.
Fase filosófica
En 1874 publica A Crise da Filosofía. Contra os positivistas e ingresa como docente na Universidade de Moscova. Emprende viaxes por Varsovia, Berlín, Londres, O Cairo e París. En Sorrento (Italia) escribirá o tratado esotérico Sophía.
En 1877 comeza a escribir Os principios filosóficos dun coñecemento integral e a Crítica dos principios abstractos. Nelas busca un pensamento integral que supere o racionalismo e o empirismo aos que vía como formas unilaterais do saber. Soloviev procura incorporar ao pensamento as achegas da modernidade pero ceibándoas do reducionismo e a parcialidade que el vía no positivismo
Vida persoal As súas leccións públicas contaron coa presenza de Dostoievski e Tolstoi, gañándose a amizade do primeiro e o rexeitamento do segundo. Sería Dostoievski quen lle deu a coñecer a obra de Fedorov Filosofía de la obra común que o marcaría profundamente.
Viviu unha relación amorosa atormentada polos escrúpulos con Sophia Petrovna Khitrovo por ser esta unha muller casada. Isto levouno a unha sublimación do desexo que se transloce na súa obra lírica e tamén no seu pensamento onde aparece unha visión da feminidade idealizada e case mística encarnada na Sophia (Sabedoría) eterna. miniatura|Soloviev retratado por Nikolai Iarochenko en 1892. Foi soada a petición pública que fixo ao tsar Alexandre III de que non aplicase a pena de morte aos asasinos do seu antecesor Alexandre II. Ao non obter contestación, abandona o ensino e comeza a vivir unha vida precaria. Trala morte de Dostoievski, serán célebres os discursos á súa memoria.
A idea nacional rusa e o xiro teolóxico
As súas arelas intelectuais levárono a interesarse polo xudaísmo e o nacionalismo polaco. Soloviev criticou o antisemitismo e amosou a súa simpatía pola causa polaca. Isto fíxolle perder o afecto dos patriotas rusos, partidarios dunha Gran Rusia unida, ortodoxa e eslavófila. En obras como Historia e o futuro da teocracia (1887) ou Rusia e a Igrexa Universal(1889), Soloviev denunciou que o carácter antisemita, antipolaco e anticatólico de Rusia, traizoaba o destino histórico deste país. Isto marxinouno aínda máis dos círculos oficiais e intelectuais e a Igrexa Ortodoxa púxoo baixo sospeita de herexía. Soloviev expresou que a ausencia dunha figura como o Papado, pese aos abusos históricos da Igrexa Católica, conduciu ás Igrexas Ortodoxas ao cesaropapismo e a conivencia co poder estatal. O Papa podería ser un nexo de unión e unha garantía de liberdade. Porén, Soloviev sempre se considerou un patriota ruso e un fiel fillo da Igrexa Ortodoxa.
Soloviev pasou entón a un pensamento abertamente teolóxico apoiando un ecumenismo cristián e unha espiritualidade con raíz nos Pais da Igrexa baseada na divinohumanidade de pensadores como Gregorio Palamas e na transformación da sociedade e o pulo histórico consonte aos valores cristiáns de xustiza, amor e beleza. Este pensamento desembocou nun derradeiro período apocalíptico cuxo fío condutor é a loita do cristianismo contra o mal, de carácter escatolóxico e transhistórico.
Obras A Crise da Filosofía. Contra os positivistas (1874) Os principios filosóficos dun coñecemento integral (1879) Crítica dos principios abstractos (1880) O xudaísmo e a cuestión cristiá (1884) Historia e futuro da Teocracia (1887) Rusia e a Igrexa Universal (1889) China e Europa (1890) Sentido da Arte (1890) Sentido do Amor (1894) Bizantismo e Rusia (1896) Guerra, Progreso e Fin da Historia. Tres diálogos (1900)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Literatura rusa
Ligazóns externas
Vladimir Solovyov (Internet Encyclopedia of Philosophy)
Categoría:Filósofos de Rusia Categoría:Teólogos ortodoxos Categoría:Poetas de Rusia Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1900 Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Personalidades do ecumenismo