O Fútbol Club Cartagena-La Unión foi un club de fútbol español, da cidade de La Unión, na Rexión de Murcia. Fundado no 2000, desapareceu en 2011 por problemas económicos.
Historia
O primeiro club da cidade foi o CD La Unión, fundado en 1959 e que desapareceu en 1975. Denominouse Deportivo Unionense ata o ano 1965 e militou en Terceira División tres tempadas. Tras este naceu La Unión Athletic en 1972, que chegou a militar en Terceira outras tres campañas. En 1995 fusionouse co Efesé Cartagena Deportivo para formar o Efesé-Unión CF Cartagena, que despois cambiou o seu nome a Cartagena Atlético.
Posteriormente outro CD La Unión fundouse no ano 2000. Tras dúas tempadas en Primeira Territorial consegue o ascenso a Preferente. O primeiro ano consegue a permanencia con algúns apuros e a tempada seguinte, a 2003/04, proclámase campión, conseguindo así o ascenso a Terceira División. Debuta na categoría cun 15º posto e posteriormente loita todas as tempadas con alcanzar un posto no play-off.
A tempada 2008/09 conségueo por primeira vez na antepenúltima xornada. Eliminou o Rayo Majadahonda que foi o seu primeiro rival na primeira eliminatoria de ascenso, empatando o primeiro partido 1-1 en La Unión e gañando no Cerro del Espino por 0-1. Na segunda eliminatoria é eliminado polo Noja.
Para a tempada 2009/10 pasa a ser equipo filial do FC Cartagena, ademais cambia o seu nome a FC Cartagena-La Unión. Casimiro Torres convértese no adestrador.
Na tempada 2010/2011 clasifícase en 4ª posición para os playoffs de ascenso, sendo eliminado na primeira eliminatoria contra a Montañesa, por 1-1 na ida disputada no Estadio Cartagonova e 1-0 na volta. Ao terminar a tempada o acordo de filialidade co FC Cartagena non se renova e o club desaparece ao non poder facer fronte aos gastos dun equipo de Terceira.
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta branquiazul a raias verticais, pantalón azul, medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta carmesí, pantalón carmesí, medias carmesíes.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª B: 0 Tempadas en 3ª: 7 Mellor posto na liga: 3º en Terceira (tempada 2008/09)
Historial na liga TempadaCategoríaPosto2001–03Rexional—2004/053ª15º2005/063ª9º2006/073ª6º2007/083ª7º2008/093ª3º2009/103ª5º2010/113ª4º
Palmarés Territorial Preferente (1): 2003/04
Notas
Cartagena-La Unión Categoría:Deporte en Cartaxena