miniatura|260px|Río Bush O río Bush (en inglés River Bush, do gaélico irlandés an Bhuais)Placenames Database of Ireland é un río do Condado de Antrim, Irlanda do Norte. A fonte do río atópase nos Antrim Hills a 480 m. Desde alí, flúe cara ao noroeste, torcendo en Armoy cara ao oeste, pasando logo por Stranocum, para logo virar cara ao norte e pasar por Bushmills antes de chegar ao mar en Portballintrae, no litoral norte de Antrim. Discorre por un fértil val. O seu leito está xeoloxicamente composto por basaltos e a auga atópase lixeiramente alcalinizada con magnesio, dando nunha dureza característica. O río posúe reservas autóctonas de salmóns e troitas. Un afluente do río prové a auga que se emprega para destilar o whiskey Old Bushmills.
Pesca O Río Bush foi tradicionalmente un río salmoneiro, aínda que en retroceso a finais do século XX e principios do XXI,Winter Weather "Confuses" Salmon". BBC, 3 de febreiro de 2007. Consultado o 6 de xuño de 2012.Minister Vows to Restore Salmon Runs. 4NI, 4 de outubro de 2002. Consultado o 6 de xuño de 2012. mais aínda ofrece excelente salmón para pescar. Está administrado como río imporante do salmón polo Departamento de Cultura, Artes e Lecer (DCAL). O Departamento tamén controla unha piscifactoría que serve para o Proxecto de Investigación do Salmón do Río Bush, proxecto establecido en 1972, que ten a misión de estudar o ciclo da vida do salmón atlántico tanto na auga doce como na do mar. Este programa de investigación permitiu que o río Bush sexa recoñecido como un río índice para o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES).
Notas
Véxase tamén Foto do River Bush en geograph.org
Categoría:Ríos de Irlanda do Norte Categoría:Ríos de Irlanda