miniatura|180px|dereita|Escudo de armas do Reino de Hawai Kamehameha II, nado en 1797 en Hilo (Illa de Hawai) e finado o 14 de xullo de 1824, foi o segundo rei do Reino de Hawai. Era coñecido como Liholiho pero o seu nome completo era Kalaninui kua Liholiho i ke kapu ʻIolani. Cando ascendeu ó trono, o seu nome pasou a ser Kalani Kaleiʻaimoku o Kaiwikapu o Laʻamea i Kauikawekiu Ahilapalapa Kealiʻi Kauinamoku o Kahekili Kalaninui i Mamao ʻIolani i Ka Liholiho.
Traxectoria Era o primoxénito de Kamehameha I e da súa esposa de máis alto rango, Keōpūolani. Foi educado como herdeiro ó trono dende os cinco anos.
Kamehameha II subiu ó trono ó morrer Kamehameha I en maio de 1819, pero entre outras condicións, obrigárono a desempeñar un papel exclusivamente cerimonial; deixando o poder administrativo en mans de Ka‘ahumanu, a esposa preferida do seu padre, a quen se lle concedeu o título de Kuhina Nui, equivalente aproximado dun primeiro ministro.
Kamehameha II é principalmente coñecido por decretar a abolición do antigo sistema de leis chamado kapu, tan só seis meses despois de comezar o seu reinado. Durante o seu reinado tamén se produciu a chegada dos primeiros misioneiros cristiáns ó arquipélago de Hawai.
En novembro de 1823, viaxou a Londres coa intención de culminar as negociacións dunha alianza entre Hawai e o Reino Unido. Porén, antes de encontrarse co rei Xurxo IV, el e a súa consorte, Kamāmalu, colleron o sarampelo xa que non estaban inmunizados. Kamāmalu faleceu o 4 de xullo de 1824 e Kamehameha II seis días despois. O seu sucesor foi o seu irmán máis novo, Kauikeaouli, que se converteu en Kamehameha III.
Árbore xenealóxica
Liña de tempo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Kamehameha II Kamehameha II
Categoría:Dinastía Kamehameha Categoría:Nados en 1797 Categoría:Finados en 1824