200px|miniatura|Escudo de armas do Reino de Hawai.

A Dinastía Kamehameha (Hale O Kamehameha en lingua hawaiana) ou Casa Kamehameha, foi a familia reinante do Reino de Hawai entre a unificación das illas por Kamehameha I en 1810 e a morte de Kamehameha V en 1872. A dinastía descende da Familia Keōua, xa que Kamehameha I era o segundo fillo de Keōua Nui.

As súas principais contribucións foron a institución dunha forma de goberno baseada na constitución, a abolición dos antigos sistemas de normas e leis hawaianas (coñecidas como Kapu) en favor das leis occidentais, a proclamación do Edicto de Tolerancia dando liberdade de relixión, e a promulgación da Gran Mahele, que permitiu a propiedade privada das terras por primeira vez en Hawai.

Monarcas Kamehameha Kamehameha I, O Grande (1795-1819) Kamehameha II, Liholiho, (1819-1824) Kamehameha III, Kauikeaouli, (1825-1854) Kamehameha IV, Alexander Liholiho, (1854-1863) Kamehameha V, Lot Kapuʻiwa, (1863-1872)

Liña de tempo

Véxase tamén Ligazóns externas Keouanui.org

Categoría:Dinastía Kamehameha