miniatura|dereita|250px|Mapa de Tonga
Aínda que xeograficamente está composta por 169 illas (36 delas deshabitadas) o Reino de Tonga divídese politicamente en tres grupos de illas: Grupo Amsterdam (Tongatapu): Middleburgo ('Eua). Pilstart (Ata). Amsterdam (Tongatapu). Grupo Gálvez (Ten'apai): Kao. Lifuka. Rotterdam (Nomuka). Tofua. Grupo Maiorga (Vava'ou): Amargura (Fonualei). Late. Maiorga (Vava'ou). Toku.
Existe un cuarto arquipélago setentrional moi afastado, e administrado directamente desde Nukuʻalofa, capital da illa de Amsterdam:
Grupo Niuas: Boa Esperanza (Niuafo'ou). Cocos (Tafahi). Traidores (Niuataputapu).
Ademais, tamén dependen do reino de Tonga os arrecifes de Minerva, que xeograficamente están nas illas Fiji. Son dous aneis coralinos que só son visíbeis coa marea baixa.
A maior parte das illas son coralinas, mais hai algunhas de orixe volcánica. Lateiki (Mete Shoal) e Fonuafo'ou son dous volcáns mergullados que, desde o século XIX, teñen emerxido en varias ocasións.
A capital do país é Nukuʻalofa, residencia habitual do rei Taufa'ahau Tupou IV.
Categoría:Tonga