Amadou & Mariam é un dúo musical de Malí composto por Amadou Bagayoko (guitarrista e cantante) e por Mariam Doumbia (cantante).
Traxectoria O dúo, coñecido como "a parella cega de Malí", coincidiu no instituto para mozos cegos no que estudaron. Entre 1974 e 1980, Amadou formou parte do grupo Les Ambassadeurs du Hotel. Nese último ano, a parella contraeu matrimonio e comezou a facerse notar no ámbito musical. Pola súa banda, Amadou continuou coa súa exitosa carreira como solista e dirixiu os programas musicais do instituto para cegos. Porén, será o ano 1985 cando acaden un importante recoñecemento internacional, facendo xiras por Burkina Faso.
No 2003 fan unha colaboración co artista Manu Chao, quen produce o seu disco Dimanche à Bamako. No 2006, participaron na gravación de "Celebrate the day", o himno oficial do Mundial de Fútbol de Alemaña xunto con Herbert Grönemeyer.
O seu oitavo álbum musical chamado Folila saíu á venda o 2 de abril do 2012.
O dúo deixou de existir tras a morte de Amadou Bagayoko o 4 de abril de 2025, tras unha enfermidade.
Discografía Álbums musicais Se Te Djon Ye (1998) Sou ni tilé (1999) Tje Ni Mousso (2000) Wati (2002) Dimanche à Bamako (2004) Welcome to Mali (2008) Folila (2012) La confusion (2017) L'amour à la folie (2025)
Recompilacións Je pense à toi: The Best of Amadou & Mariam (2005) 1990–1995 Le Meilleur des Années Maliennes (2006) Paris Bamako (DVD + CD 12 titres live) (2007) The Magic Couple: The Best of Amadou & Mariam 1997–2002 (2009)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Biografía na páxina de Radio France International Traxectoria do dúo Amadou e Mariam na NPR Music Je pense a toi, canción de Amadou&Mariam en YouTube
Categoría:Grupos musicais de Malí Categoría:Grupos musicais formados en 1974