Arteixo Telecom é unha empresa galega adicada ó deseño, desenvolvemento, fabricación, comercialización de equipos electrónicos, mantemento e reparación. As súas orixes están en Arteixo, onde dende 1972 pasou por varios propietarios ata o seu traslado a onde agora ten a súa sede central no Polígono industrial de Penapurreira, no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, onde conta cunha fábrica de 4.750 m², e unha sede comercial en Madrid. A compañía ten máis de 200 persoas empregadas, desenvolvendo proxectos de enxeñería e fabricación en diversos sectores.
Historia A súa orixe está en Sabón co nome de Intelsa (industrias de telecomunicaciones). A empresa era propiedade de Telefónica e Ericcson e estaba adicada á fabricación de centrais telefónicas, despois de problemas financeiros en 1984 pasou a propiedade de Telettra. En 1992 pasou a mans da francesa Alcatel ata o ano 2000 en que pasou a ser propiedade dos directivos e da Xunta trocando o nome por Arteixo Telecom.
En 2004, Arteixo Telecom merca as instalacións de Italtel nas Pontes por un prezo simbólico e traslada a empresa ó Polígono industrial de Penapurreira vendendo as súas instalacións en Sabón ó Grupo Tecam por 10,2 millóns de euros.
En 2012 mercou unha participación na empresa Sinatec Electronics con sede en Toledo adicada á electrónica industrial e ó sector aeroespacial.
En novembro de 2011 solicitou un expediente de regulación de emprego para todo o cadro de traballadores. En maio de 2013 a empresa solicitou concurso de acredores do cal saíu en abril do ano 2014. A empresa foi adquirida en 2025 por José Antonio Sainaga, presidente de Sidenor.
Sectores Ferrocarril e transporte Naval Defensa Enerxía Telecomunicacións Sanidade
A empresa ten certificacións ISO 9001 e ISO 14001 así como certificacións militares da OTAN Pecal/AQAP 2110"Arteixo Telecom, na "elite" que traballa con Defensa" , en Galicia Hoxe..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Arteixo Telecom Produtos de Arteixo Telecom
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:As Pontes de García Rodríguez Categoría:Empresas de telecomunicacións