José Luis Moralejo Álvarez, nado en Santiago de Compostela en 1943, é un latinista galego.
Traxectoria Fillo de Abelardo Moralejo Laso (e irmán de Juan José Moralejo e Serafín Moralejo), é licenciado en Filosofía e letras na especialidade de Filoloxía clásica pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Letras clásicas pola Universidade de Boloña con premio extraordinario. Dende 1991 é catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Alcalá. Foi vogal da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora, da Comisión de Avaliación do Profesorado de Andalucía e da Axencia de Avaliación da Calidade do Profesorado da Comunidade de Madrid (ACAP). É membro dos consellos asesores de varias revistas científicas internacionais e asesor da Biblioteca Clásica Gredos. Tamén é membro do padroado da Fundación Pastor de Estudos Clásicos.
No ano 2009 foi galardoado co Premio Nacional de Tradución de España pola súa tradución ao castelán da obra Sátiras. Epístolas. Arte poética de HoracioEl santiagués Moralejo gana el Premio Nacional de traducción, El Correo Gallego, 3/11/2009 ..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Premios MCU 2009 . "Roser Berdagué y José Luis Moralejo ganan el Premio Nacional de Traducción", El País, 2 de novembro de 2009.
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do latín Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en 1943 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña