O escudo de Aragón é o símbolo heráldico que representa a Aragón. Componse de catro cuarteis que, na configuración adoptada, se difundiron con predominio sobre outras ordenacións heráldicas, tendendo a consolidarse dende a Idade Moderna para arraigar decididamente no século XIX e ser aprobado pola Real Academia da Historia en 1921. A súa descrición e uso está regulado pola "Lei sobre o uso da Bandeira e Escudo de Aragón" (Lei 2/1984, de 16 de abril; B.O.A. n.o 5, de 18 de abril de 1984) no artigo 4t.Dossier: Los símbolos de las Comunidades Autónomas

Composición No primeiro cuarto, o Escudo de Sobrarbe que conmemora o lendario Reino de Sobrarbe No segundo cuarto, a Cruz de Íñigo Arista que representa ós soberanos da Casa de Aragón da liñaxe de Pamplona. No terceiro cuarto, a Cruz de Alcoraz que representa o escudo territorial do antigo Reino de Aragón No derradeiro cuarto, o Sinal Real de Aragón,Cortes de Aragón (pàgina web oficial): Escudo de Aragón, Las barras que representa ós soberanos da Casa de Aragón da liñaxe dos condes de Barcelona.

Cuarto Descrición100px|Árbore de SobrarbeEscudo de Sobrarbe Escudo de armas documentado por vez primeira no 1499 na portada de "Crónica de Aragón"."Blasón de Aragón: el escudo y la bandera" 100px|Cruz de Íñigo Arista Cruz de Íñigo Arista ou «senyal antich del rey Daragó» 100px|Cruz de Alcoraz Cruz de Alcoraz ou «les armes Daragó»100px|Senyal Reial Sinal Real de Aragón ou «barres d'Aragó»

Orixe histórica O Escudo de Aragón esta testificado na súa disposición máis coñecida na gran crónica renacentista "Crónica de Aragón" do monxe aragonés Gualberto Fabricio de Vagad, que foi publicada en Zaragoza no ano 1499. O escudo está formado por catro divisións que, na configuración adoptada, vanse espallar e popularizar por riba doutras ordenacións heráldicas, consolidándose na Idade Moderna para ficar decididamente no século XIX.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lenda das catro barras de sangue Aragón Bandeira de Aragón

Categoría:Símbolos de Aragón Aragón