Pinhal Interior Norte é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. Os concellos que a conforman pertencen aos distritos de Coímbra e Leiria. Limita ao norte coa subrexión de Dão-Lafões, ao leste coas de Serra da Estrela e Cova da Beira, ao sur coas de Pinhal Interior Sul e Médio Tejo, e ao oeste coas de Pinhal Litoral e Baixo Mondego. Ten unha extensión de 2.617 km² e unha poboación de 131.371 habitantes (2011).
Concellos Comprende 14 concellos:
Alvaiázere Ansião Arganil Castanheira de Pera Figueiró dos Vinhos Góis Lousã Miranda do Corvo Oliveira do Hospital Pampilhosa da Serra Pedrógão Grande Penela Tábua Vila Nova de Poiares
Actualmente só existe unha cidade nesta subrexión estatística: Oliveira do Hospital.
Notas
Categoría:NUTS III portuguesas