Alentejo Litoral é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión do Alentejo. Está integrada por cinco concellos pertencentes aos distritos de Setúbal e Beja. Limita ao norte coas subrexións da Península de Setúbal e o Alentejo Central, ao leste coa de Baixo Alentejo, ao sur co Algarve, e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 5.261 km² e ten unha poboación estimada de 97.895 (2011Censos 2011, Instituto Nacional de Estatística.
Concellos Comprende 5 concellos:
Alcácer do Sal Grândola Odemira Santiago do Cacém Sines
Os principais núcleos urbanos son as cidades de Santiago do Cacém, Sines, Alcácer do Sal e Vila Nova de Santo André (no concello de Santiago do Cacém) e a vila de Grândola. O litoral ao sur de São Torpes (Sines) forma parte do Parque Natural do Sudoeste Alentejano e Costa Vicentina.
Véxase tamén Ligazóns externas Alentejo Litoral Litoral Alentejano Turismo Litoral Alentejo
Notas
Categoría:NUTS III portuguesas