O ácido carbámico está formado por un grupo carboxilo unido directamente polo seu carbono ao nitróxeno dun grupo amino PubChem compound Carbamic acidChemSpider Carbamic acidCHEBI Carbamic acid (NH2COOH), pero é un composto inestable que non pode existir por separado en condicións normais e só pode formar parte doutros compostos máis grandes. Sería tecnicamente o aminoácido máis simple, pero como é un composto inestable en circunstancias normais (e tamén pola natureza especial do seu enlace directo carboxilo-nitróxeno) é a glicina o que en realidade se considera o aminoácido máis simple. A súa importancia débese máis á súa relevancia na identificación dos nomes de compostos grandes. O ácido carbámico como tal non foi nunca sintetizado ou caracterizado por ningunha técnica experimental.. Derivados do ácido carbámico si puideron ser illados Michele Aresta , Danielle Ballivet-Tkatchenko , Daniela Belli Dell’Amico , Michel C. Bonnet , Daniele Boschi , Fausto Calderazzo , René Faure , Luca Labella and Fabio Marchetti. Isolation and structural determination of two derivatives of the elusive carbamic acid Chem. Commun. (2000), 1099-1100 DOI 10.1039/B002479L.

O radical deste composto chámase "carbamoíl". As "carbamoiltransferases" son encimas transferases clasificadas co número EC 2.1.3.

Os ácidos carbámicos son intermediatos na descomposición dos grupos protectores carbamato; a hidrólise do enlace éster nestes compostos rende unha amina non protexida.

Carbamatos

Un carbamato é un éster do ácido carbámico. O metil carbamato é o éster máis simple do ácido carbámico.

Algúns destes ésteres utiízanse como relaxantes musculares, e outros utilízanse como insecticidas, por exemplo aldicarb.

Notas

Véxase tamén Carbamoíl fosfato Código ATC M (ésteres carbámicos)

Categoría:Compostos químicos