miniatura|300px|Localización de Alto Tras os Montes. Alto Trás-os-Montes (en galego Alto Tras os Montes) é unha división administrativa de Portugal (antigamente unha subrexión estatística do nivel III (NUTS III), na Rexión Norte, coordinada pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal.

Historia administrativa A zona era hai anos unha subrexión estatística (NUTS III) que, desde o ano 2008, foi dividida entre as novas subrexións do Alto Tâmega e Terras de Tras os Montes.

Xeografía Comprendía os distritos de Braganza e de Vila Real.

Limitaba ao norte con Galicia, ao leste con Castela e León, ao sur coa subrexión de Douro, e ao oeste coas subrexións de Támega, Ave e Cávado.

Abranguía unha extensión total de 8 171,6 km² e, en 2011 contaba cunha poboación de 204 381 habitantes.Instituto Naciona de Estatística. Portugal.

Concellos Comprendía 14 concellos:

Alfândega da Fé Boticas Braganza Chaves Macedo de Cavaleiros Miranda do Douro Mirandela Mogadouro Montalegre Valpaços Vila Pouca de Aguiar Vimioso Vinhais

Os principais núcleos urbanos da zona son as cidades de Chaves, Braganza, Mirandela e Valpaços.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Terras de Tras os Montes Alto Tâmega Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal

Categoría:Institucións de Portugal