Antón Rodríguez López, coñecido como Antón Lopo, nado en Monforte de Lemos o 17 de xaneiro de 1961, é un escritor, xornalista e actor galego.
Traxectoria
Traballou como ferroviario e actor de dobraxe, coordinou Revista das Letras, suplemento cultural de El Correo Gallego.
É creador de vocación interdisciplinar: fundou con Ana Romaní o Laboratorio de Indagacións Poéticas e autor do poemario oral Prestidixitador (2001), unha experiencia singular onde o poeta é o único soporte da obra. Como activista e performer realizou "O lugar", no que mediu Santiago de Compostela co seu corpo e co Festiclown percorreu Chiapas nunha montaxe de apoio ás bases zapatistas.
Como poeta publicou Sucios e desexados (1987), Manual de masoquistas (1990), Á sombra dos rapaces mexando (1995), O libro dos amados (1996), OM (1996), Pronomes (1998); como narrador publicou diversos relatos espallados en publicacións colectivas e as novelas As reliquias (Xerais, 1991), Premio Café De catro a catro, O riso de Isobel Hill (Deputación de Pontevedra, 2000) e Ganga (Xerais, 2001).
No ano 2002 publicou Fálame. Desenvólvese como xornalista de cultura no xornal O Correo Galego, que se transformou no 2003 en Galicia Hoxe.
Indagou na oralidade e na poesía física con "Prestidixitador" (Teatro Galán, 2001), "Accións" (Galería Trinta, 2003), "Dentro" (Casa da Parra, 2005) e "Lampíricos" (Galería Dispara, 2012), coa axuda de soportes como fotografía, vídeo, instalación ou memoria.
Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, das que forma parte. É Director do festival Alguén que respira, performer de fisicidade radical (foi alumno de Marina Abramovic).
Dirixe a editorial Chan da Pólvora.
Obra Poesía miniatura|dereita|Culturgal 2010. Sucios e desexados (1988). Sotelo Blanco. 84 páxs. Manual de masoquistas (1991). Ed. de autor. Á sombra dos rapaces mexando (1995). Libro dos amados (1996). Ed. Compostela, Poeta en Compostela 7. Poemario onde predomina o homoerotismo e o emprego dunha linguaxe do cotián, antirretórica. OM (1997). Espiral Maior. Pronomes (1998). Espiral Maior. Voz forte que enuncia a representación hierática dun magma salvaxe: o amor, a morte, o desexo, a desintegración da memoria persoal e colectiva e a labilidade do vivido como fabulación rememorada. O poemario dá cabida, por primeira vez na historia da tradición lírica galega, a un tipo de desexo, o S/M, que entronca ao autor cunha corrente de pensamento próxima á teoría Queer. Fálame (2004). Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Poemario áspero e descarnado pero tamén visceral e humano. Trata temas amargos como a dificultade das relacións interpersoais, a incomunicación sexual ou a imposíbel felicidade etc.) Corpo (2018) Xerais. 96 páxs. ISBN 9788491213901. Lampíricos (2020). Chan da Pólvora. ISBN 9788412142600. Diarios / 1. Azul Monforte (2023). Espiral Maior.
miniatura|Con Xosé Luís Méndez Ferrín na Libraría Paz de Pontevedra en xaneiro de 2020
Narrativa As reliquias (1991). Xerais. O riso de Isobel Hill, 2000. Ganga (2001). Xerais. 240 páxs. ISBN 9788483027240. Obediencia (2010). Galaxia. 352 páxs. ISBN 9788498653182. Extraordinario (2018). Galaxia.
Teatro Os homes só contan ata tres (2005). Xerais. 112 páxs. ISBN 9788497824217.
Ensaio Fermín Bouza Brey. Unha fotobiografía (1992). Xerais. Guía de Santiago de Compostela (1993). Mishima, que existiu nunca (1995). As tres mortes de Lorenzo Varela (2005). Galaxia. 216 páxs. ISBN 9788482887920. A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra (2010). Galaxia. 164 páxs. ISBN 9788498652666. A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, 2011. Galaxia. 188 páxs. ISBN 9788498653571. miniatura|Con Anxos Sumai presentando Lampíricos en Pontevedra (2021)
Traducións A balada do cárcere de Reading de Oscar Wilde, 2003, Laiovento. Con Amalia Salvador.
Obras colectivas Contos eróticos. Eles, 1990, Xerais. Chineses, 1996, O Correo Galego. A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle, 2001, PEN Clube de Galicia. Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais. Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega. Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
Premios Premio Esquío no 2003, pola obra Fálame. Premio Álvaro Cunqueiro no 2004, pola obra Os homes só contan ata tres. Premio García Barros no 2010, pola obra Obediencia. XIII Premio de xornalismo Johán Carballeira. Premio Narrativa Breve Repsol no 2018. Premio da Crítica Española 2018 por Extraordinario. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño de poesía en 2022. Premio da Crítica de poesía galega 2023, por Diarios / 1. Azul Monforte.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais Entrevista de Daniel Salgado en Sermos Galiza
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Monforte de Lemos Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Premio Esquío Categoría:Nados en 1961 Categoría:Gañadores do Premio García Barros