Óscar Manuel Rodríguez Vázquez, nado en Lugo o 6 de maio de 1972, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria Formou parte do equipo do CD Lugo que xogou en Segunda División na tempada 1992-1993, descendendo ao final da mesma. Nesa tempada disputou 6 encontros e marcou 1 gol. Posteriormente xogou no Racing Club de Ferrol en 1993-1994, disputando co cadro verde 12 partidos na Segunda División B.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en BDFútbol
Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Futbolistas de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1972