Your Highness é un filme estadounidense dirixido por David Gordon Green que se estreou no 2011.
Sinopse Thadeous (Danny McBride) pasou a vida vendo como Fabious (James Franco), o seu perfecto irmán máis vello, se embarcaba en tremendas aventuras e se facía co corazón do seu pobo. Canso de que a aventura, a admiración e o trono non chamen á súa porta, resignouse a unha vida adicada a fumar herba de bruxo, beber alcohol e seducir a doncelas desvergonzadas. Pero cando Belladona (Zooey Deschanel), a prometida de Fabious, é secuestrada polo malvado meigo Leezar (Justin Theroux), o rei dálle un ultimato ó seu fillo máis novo: se non move o cu e a rescata, acabouse a boa vida. Nada convencido da súa misión, Thadeous únese a Fabious nunha perigosa viaxe para liberar a princesa. Acompáñalles Isabel (Natalie Portman), unha misteriosa guerreira cun perigoso obxectivo. Os dous irmáns enfrontaranse a terríbeis criaturas e a cabaleiros carentes de honra antes de atopar a Belladona.
Personaxes Danny McBride como Thadeous James Franco como Fabious Natalie Portman como Isabel Zooey Deschanel como Belladonna Rasmus Hardiker como Courtney Toby Jones como Julie Justin Theroux como Leezar Charles Dance como Rei Tallious Damian Lewis como Boremont Simon Farnaby como Manious the Bold Noah Huntley como Head Knight Eva Wyrwal como Raíña dos ananos John Fricker como Marteetee Brian Steele como Minotauro
Galardóns e nomeamentos 2011: Premios Razzie: Nomeado a Peor actor secundario (James Franco).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffintiy
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Gordon Green Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Irlanda do Norte Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes sobre sexualidade